jueves, 8 de mayo de 2025
viernes, 2 de mayo de 2025
miércoles, 30 de abril de 2025
Abril é un mes especial para os amantes dos libros. Cada ano conmemóranse dúas datas trascendentais para as letras e a cultura: o 2 de abril celébrase o "Día Internacional do libro infantil e xuvenil" en conmemoración do nacemento do escritor Hans Christian Andersen e, o 23 de abril o "Día internacional do libro" para conmemorar a morte de 3 grandes escritores: Miguel de Cervantes, Willian Shakespeare e Garcilaso de la Vega.
No C.E.I.P Agro do Muíño leváronse a cabo diversas actividades para conmemorar estas datas.
jueves, 10 de abril de 2025
Modo galego, actívao!

Modo galego, actívao! é un proxecto de investigación-acción desenvolvido de xeito colaborativo pola Real Academia Galega e o Concello de Ames. Botou a andar en 2021 e busca dinamizar a lingua galega traballando asemade diferentes ámbitos: a educación, o lecer e as familias. É un programa exportable a outros lugares que combina a intervención e a avaliación, o que permite que poida evolucionar de acordo cos resultados obtidos. Destaca pola colaboración entre institucións e pola implicación de diferentes axentes (docentes, alumnado, monitorado e familias) nun proxecto integral para todo o concello. O xurado tamén salientou aspectos como a súa planificación coidada e rigorosa, que promove a reflexión sociolingüística interxeracional e que incide en diferentes ámbitos de vida das crianzas co fin de facilitar a socialización en galego.
O sábado ,7 de xuño, será a entrega do premio no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Parabéns ao Concello de Ames por esta iniciativa e a todos os centros educativos participantes de Ames: EEI de Milladoiro, CEIP Agro do Muíño, Ceip A Maía, CEIP de Barouta, CEIP de Ventín.
martes, 1 de abril de 2025
Este ano 2025 o homenaxeado é ISAAC DÍAZ PARDO
( Santiago de Compostela , 22 de agosto
de 1920 -A Coruña ,5 de xaneiro de 2011).
Os ollos de Isaac , como os de Picasso, vían detrás do horizonte artístico... era máis que un xenio e demostrouno como pintor, deseñador, ceramista e arquitecto.
Unha figura "transcendental da transformación das artes galegas do s.XX".
viernes, 21 de marzo de 2025
O día 21 de marzo, coincidindo co equinocio da primavera no hemisferio norte, conmemoramos o Día Mundial da poesía simbolizando así a renovación e o florecemento da cultura e da lingua a través da poesía.
O alumnado de 3º de E.P coa axuda da súa mestra de E.Física , crearon poemas sobre o mar e interpretáronnos con percusión e movemento.
E o alumnado de 6º de E.P fixo unha fermosa regueifa sobre o mundo mariño "AMARAMAR", a cal impulsa a improvisación oral en verso en lingua galega e amplía aptitudes retóricas . Con esta regueifa participarán no VIII edición do certame "Enregueífate".
jueves, 13 de marzo de 2025
lunes, 10 de marzo de 2025
O luns 10 de marzo, commemoramos o Día Internacional da Muller que este ano dedicamos ás mulleres do mar: mariscadoras, mariñeiras, percebeiras, redeiras... e ,en especial a nosa oceanógrafa, de recoñecemento mundial, Ángeles Alvariño.
As alumnas de 6º E.primaria recitaron uns poemas que elas mesmas escribiron sobre as mulleres do mar e o alumnado de 5º E.Primaria elaborou o mural "Un mar de igualdade". Contamos coa actuación de Olga Kirk e Pablo Díaz que nos financiou o Concello e, para finalizar o acto, fixemos entre tod@s unha "Onda pola igualdade" coas pañoletas violetas que nos agasallou a ANPA .
domingo, 9 de marzo de 2025
viernes, 28 de febrero de 2025
O ENTROIDO é unha celebración de longa tradición en Galicia e, a importancia é tal que, oito dos entroidos galegos son considerados "Festa de interés turístico". Tal vez sexa a festa por excelencia cunha gran participación de ne@s e maiores por iso, no noso centro, do 24 ao 28 de febreiro , traballamos esta tradición coa finalidade de promover o coñecemento da nosa cultura popular.
martes, 25 de febrero de 2025
viernes, 14 de febrero de 2025
CHEGAMOS AO REMATE DA 3ª EDICIÓN DO "MODO GALEGO ACTÍVAO"!
Hoxe , 14 de febreiro, día do amor, rematamos por todo o alto, cunha gran festa coas "Maianas", cantando e bailando "FALO GALEGO PORQUE QUERO" unha canción que este grupo de amesás creou para este proxecto e que xa se convertou en todo un himno de amor pola nosa lingua!!
lunes, 10 de febrero de 2025
viernes, 7 de febrero de 2025
jueves, 6 de febrero de 2025
RETO 13:
Sabemos ben que as nenas e os nenos de Ames estades cumprindo o contrato e fostes quen de activar o galego durante todos estes días e que habedes seguir con el activado.
Pero... E a xente grande? Como anda o seu nivel de activación?? Hoxe todo o alumnado vaille facer un pequeno exame ás persoas adultas que ten máis próximas e o reto de hoxe consistiu en dúas cousas:
1. Contar como anda o Modo galego pola casa.
2. Escoller o profe ou a profe de todo o centro que máis e mellor activa o galego.
Foi difícil pero... tocou mollarse e escoller cales son os e as profes referentes do Modo Galego Actívao no noso cole.
martes, 4 de febrero de 2025
RETO 12:
Xa levamos moitos días co galego activado, pero mañá ímonos converter en axentes da lingua... Entón o reto foi conseguir que máis persoas activen o galego.
lunes, 3 de febrero de 2025
RETO 11:
Hoxe toca facer ben visible que a xente nova de Ames está traballando arreo para activar o galego. A primeira semana foi unha peza de roupa azul, a semana pasada foron as uñas azuladas…
Pois o reto para hoxe foi traer todas e todos unha pulseira azul.
sábado, 1 de febrero de 2025
RETO 10:
Como ben sabedes en Galicia conviven dúas linguas e isto é unha riqueza inmensa da que ás veces non somos moi conscientes. Está demostrado que todas as persoas galegofalantes son capaces de falar, cando menos, dúas linguas e este bilingüismo facilítalles a adquisición de máis linguas e doutros moitos coñecementos.
O reto para 10 consistiU en agasallarlle o nome dun lugar de Galicia a algún compañeir@ .
viernes, 31 de enero de 2025
RETO 9: Moi preto de nós viven toda clase de animais. Hainos grandes, pequenos, con pelo, plumas, cornos, rabo, con catro patas, dúas… ningunha. Todos diferentes e especiais, todos marabillosos.
E seguimos coas palabras… Hai moita xente que busca nomes para os seus animais e por moito que procuramos atopamos varios libros de nomes para persoas, pero non demos con ningún para animais. Facémolo entre todos e todas?
O reto de hoxe consistía en escoller dous animais que vos gusten moito e buscarlles un nome galego.
jueves, 30 de enero de 2025
miércoles, 29 de enero de 2025
RETO 7: Por moitas voltas que dea o mundo, a nosa lingua non se traba, por iso fomos quen de crear unha chea de trabalinguas ben xeitosos cos que podemos exercitar a lingua e botar unhas risas.
O reto de hoxe foi traer aprendido un trabalinguas e compartilo co resto da aula. Tamén se podían traer as máis orixinais e divertidas adiviñas.
RETO 6: Lembrádesvos da cor da lingua? Hoxe vai un reto ben vistoso para que o mundo enteiro saiba que temos lingua propia e que non imos permitir que ninguén no la roube.
O reto de hoxe foi traer unha, varias ou todas as uñas de COR AZUL (para poñelas azuis poidemos utilizar esmalte, rotuladores, gomets…)
martes, 28 de enero de 2025
viernes, 24 de enero de 2025
jueves, 23 de enero de 2025
miércoles, 22 de enero de 2025
martes, 21 de enero de 2025
RETO 1: Seica para gustos se pintaron cores, pero o que é indiscutible é que en Galicia temos as cores máis fermosas do mundo. O verde da herba, o dourado da area, o alaranxado do solpor...
E a
lingua?? Fíxose un estudo no que participou moita xente e maioritariamente acordaron
que a lingua debía ser da mesma cor ca o mar, ca
o ceo ou ca o río Miño que atravesa o noso país, AZUL.
Entón o reto de hoxe foi traer unha peza de roupa de COR AZUL.