Cada 3 de decembro conmemoramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Esta data foi elixida para destacar a importancia de integrar plenamente ás persoas con discapacidade na sociedade e salientar os avances logrados a través de iniciativas e acordos internacionais que respaldan os seus dereitos e o seu benestar.
Queremos que vos fixedes no que realmente importa:
*Evita o trato discriminatorio ás Persoas con Discapacidade;
*Non son heroes nin vítimas.Non son xordos nin cegos.
*Non son inválidos, son PERSOAS.
*Trátaas de igual a igual.
Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o alumnado de 3º de Primaria realizou unha serie de carteis cheos de sensibilidade, creatividade e mensaxes positivas para visibilizar este día desde unha mirada inclusiva. A través dos seus debuxos transmitiron ideas tan importantes como o respecto, a igualdade, a amizade ou o valor da diversidade.
O alumnado de 6º de E.I fixo un percorrido polo cole para tratar de descubrir si no Agro do Muíño se promovía a inclusión das persoas con Discapacidade para tratar de ver as barreiras e limitacións coas que se enfrentan estas persoas no seu día a día e descubriron que hai cartelería adaptada por todo o centro, ascensor e rampas para eliminar as barreiras arquitectónicas... e comprometéronse a promover un trato respectuoso e natural con estas persoas.
.jpg)





No hay comentarios:
Publicar un comentario