miércoles, 30 de abril de 2025


 Abril é  un mes especial para os amantes dos libros. Cada ano  conmemóranse dúas datas trascendentais para as letras e a cultura: o 2 de abril celébrase o "Día Internacional do libro infantil e xuvenil" en conmemoración do nacemento do escritor Hans Christian Andersen e, o 23 de abril o "Día internacional do libro" para conmemorar a morte de 3 grandes escritores: Miguel de Cervantes, Willian Shakespeare e Garcilaso de la Vega.

No C.E.I.P Agro do Muíño leváronse a cabo diversas actividades para conmemorar estas datas.



jueves, 10 de abril de 2025

A edición de 2024 dos Premios Mil Primaveras recoñeceu catro novos proxectos de normalización lingüística: Brazolinda (unha iniciativa empresarial de creación de xogos en galego), Galego para peques (un proxecto audiovisual dirixido á primeira infancia), Modo galego, actívao! (un programa integral de dinamización lingüística en diferentes ámbitos) e Vitamina G (unha iniciativa educativa co galego como factor de integración e cohesión social).

Modo galego, actívao!

Modo galego, actívao! é un proxecto de investigación-acción desenvolvido de xeito colaborativo pola Real Academia Galega e o Concello de Ames. Botou a andar en 2021 e busca dinamizar a lingua galega traballando asemade diferentes ámbitos: a educación, o lecer e as familias. É un programa exportable a outros lugares que combina a intervención e a avaliación, o que permite que poida evolucionar de acordo cos resultados obtidos. Destaca pola colaboración entre institucións e pola implicación de diferentes axentes (docentes, alumnado, monitorado e familias) nun proxecto integral para todo o concello. O xurado tamén salientou aspectos como a súa planificación coidada e rigorosa, que promove a reflexión sociolingüística interxeracional e que incide en diferentes ámbitos de vida das crianzas co fin de facilitar a socialización en galego.

O sábado ,7 de xuño, será a entrega do premio no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Parabéns ao Concello de Ames por esta iniciativa e a todos os centros educativos participantes  de Ames: EEI de Milladoiro, CEIP Agro do Muíño, Ceip A Maía,  CEIP de Barouta, CEIP de Ventín.

 


 

martes, 1 de abril de 2025




Cada  1 de  Abril  conmemoramos  o  DÍA DAS ARTES GALEGAS.

Este  ano 2025 o homenaxeado é  ISAAC DÍAZ PARDO

( Santiago de Compostela , 22 de agosto de 1920 -A Coruña ,5 de xaneiro de 2011).

Os ollos de Isaac , como os de Picasso, vían detrás do horizonte artístico... era máis  que un xenio e demostrouno  como pintor, deseñador, ceramista e arquitecto. 

Unha figura "transcendental da transformación das artes galegas do s.XX".


O alumnado de 5º de E.Infantil visitou o monolito de "Homenaxe ás xentes do mar" en Rianxo.