miércoles, 22 de mayo de 2013

RADIO AMES. A POESÍA DE ROSALÍA

Con motivo do 150 aniversario da publicación de "Cantares Galegos" e do 175 aniversario do seu nacemento, declarouse o 2013 ano de Rosalía de Castro.
O Ceip Agro do Muíño quixo contribuir a dita celebración co recitado da sua obra. Cada aula preparou a sua poesía e coa colaboración de Radio Ames fíxose un programa con todo o traballo feito e este é o resultado.
Grazas Nazaret!!

PARA ESCOITAR FAI CLIC NO PLAY

jueves, 25 de abril de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

                                             ROBERTO VIDAL BOLAÑO 
                                                         
Este ano dedícase o día das Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño(Santiago de Compostela, 1950 - Santiago de Compostela, 2002), foi  escritor e actor de teatro.

Prema na caricatura para acceder a información e actividades da páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia.

jueves, 21 de febrero de 2013

ORTOÑO, NA RUTA ROSALIANA

miércoles, 20 de febrero de 2013

LENDO A ROSALÍA

viernes, 8 de febrero de 2013

Dentro do proxecto "Tradición e Modernidade na Música Galega" o Equipo da Biblioteca programou o traballo do texto descritivo para o primeiro trimestre.
O alumnado de  todo o Centro traballou por cursos ou niveis, as partes e a descrición de diferentes instrumentos da tradición galega: pandeireta, zanfona, clarinete, requinta, charrasco, cunchas, birimbao, gaita... Unha vez rematados expuxémolos nos corredores do cole para disfrute de toda a Comunidade Educativa.
Este tipo de actividades ademais de afondar nos valores máis populares da nosa cultura servenos para recoñer a riqueza de vocabulario, a sensibilidade e a dozura das palabras da nosa lingua, que se transforman en pequenas bolboretas dando reviravoltas no ar, nos beizos dos nosos cativos.
Damos as grazas ao Equipo de Orientación do Centro pola axuda prestada no monográfico: O TEXTO DESCRITIVO e tamén a axuda para o  traballo de investigación de Pablo Carpintero Arias  
PASADE E VISIONADE O VIDEO CON MÚSICA DE MILLADOIRO, ILA VAI Ó MAR, DO DISCO A GALICIA DE MAELOC COMPARTIMOS A ESENCIA DA NOSA MÚSICA.
 

jueves, 7 de febrero de 2013

CURSO 2012-13                

NOVO PROXECTO:

                                    "Tradición e modernidade na música galega"