miércoles, 26 de octubre de 2022

ENREGUÉIFATE!!!

 O alumnado de 6º de Ed. Primaria disfrutou cun obradoiro de regueifas o 25 de outubro a cargo de Lupe Blanco e Cristian de Burela. (1ª Fase)

Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso(regueifa) para contribuir por medio dela, á promoción do uso da língua galega.

Neste camiño Enreguéifate súmase á labor que xa veñen realizando diversas entidades públicas e privadas, así como moitas persoas do ámbito cultural e do ensino. 

O obxectivo principal deste proxecto é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente no ámbito escolar. Por iso, inclue accións formativas para o alumnado e o profesorado. Un certame regueifeiro é un encontro anual de regueifa.

PREMA NA IMAXE PARA VELO!!


- 2ª Fase .- Certame de regueifa en vídeo. Ver cartel.

 - 3ª Fase .- Gala Final coa entrega de premios regueifeiros e cun encontro de regueifa.

Lugar: Auditorio de Santiago

viernes, 14 de octubre de 2022

" A ORIXE DA NOSA LÍNGUA GUAPA"

 A Real Academia Galega pon a nosa disposición esta producción de ficción para explicarlle ao público máis novo como foi o proceso de formación do galego.

É un filme producido pola RAG a partir dunha idea orixinal de Fina Casalderrey.

Ambientación para o novo proxecto: " A PEGADA DO GALEGO NO MUNDO" " UNHA FIESTRA ABERTA AO MUNDO"

BENVIDOS AO CURSO 22-23

 

Este curso comezamos un proxecto sobre as Culturas do Mundo
 " Unha fiestra aberta ao mundo" e dende o EDLG  " A pegada do galego no mundo"