martes, 19 de mayo de 2026


O martes 19 de maio tivemos un concerto de PAKOLAS no centro para todo o alumnado. Este estaba dentro do programa "Modo galego, actívao" e foi financiado polo SXL do concello de Ames.

Foi unha xornada de rock en galego onde A Ramona pequena chegou co galego ata a Lúa!

Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos!






 

lunes, 11 de mayo de 2026


O 17 de maio , celebramos o Día das letras galegas, recordando que, tal día como ese, en 1863, publicouse  o primeiro  exemplar da obra  "Cantares gallegos", de Rosalía de castro, que marcaría o inicio do "Rexurdimento", o renacemento cultural de Galicia.

Este ano 2006 no Día das Letras galegas, a autora homenaxeada é BEGOÑA  CAAMAÑO  RASCADO (Vigo, 1964- Santiago de Compostela  2014).
Begoña rematou os estudios de maxisterio pero nunca exerceu. Dedicouse ao xornalismo, traballando nos servizos informativos da Radio popular de Vigo, Radio Noroeste e na Radio Galega.
Publicou dúas obras: "Circe ou de pracer do azul"(2009) e "Morgama en Esmelle" (2012).

No C.E.I.P "Agro do Muíño" do 11 ao 21 de maio homenaxearemos a esta autora que, desde a súa infancia inventou xogos ata converterse  nunha das voces máis importantes da radio, do activismo  e da literatura galega, loitando sempre pola xustiza, polo galego e pola igualdade.



Aquí  vos deixamos un video onde se poden ver as diferentes actividades que se levaron a cabo no centro na semana cultural das Letras Galegas!





 

miércoles, 6 de mayo de 2026

 

O alumnado de 6º de E.Infantil participou este martes 5 de maio na
Festa do Correlingua 2026.

Co obxectivo de sensibilizar a rapazada sobre o patrimonio que representa a lingua propia, a Alameda compostelá acolleu o arranque da festa do galego para gozar dunha xornada festiva lúdica, reivindicativa e educativa na que rapazas e rapaces de 3 a 18 anos se xuntan para celebrar o uso da lingua galega.




O alumnado de 6º de E.I acadou o 3º Premio á  mellor  animación polo  que recibiron un diploma de recoñecemento e un lote de libros en galego para a o centro.

MOITOS  PARABÉNS POR ESE GALEGO TAN ACTIVADO !!


 

lunes, 4 de mayo de 2026


O luns, 4 de maio, o alumnado de 5º e 6º de E. Infantil elaborou uns fermosos maios coa inestimable colaboración das familias que foron as que recolleron as plantas que trouxeron @s nen@s.

Unha festa de tradición popular que se fai en Galicia dende moi antiguo, xa que a súa orixe remóntase a civilizacións prerromanas.
Coa exaltación da natureza conmemoramos o comenzo da primavera e o final do inverno.

Aquí podedes ver como foi a súa elaboración e como cantan ao maio.








 

jueves, 23 de abril de 2026



O equipo de Educación Infantil foio encargado da elaboración do mural conmemorativo do Día do Libro, inspirado no noso proxecto Agronautas en órbita e co título de "UN UNIVERSO DE LIBROS EN ABRIL"

A través dunha fermosa composición en forma de espiral, na que non faltan o sol e o planeta Terra, o alumnado deu vida a unha creación moi especial empregando portadas e títulos de diferentes contos.

Este mural simboliza a unión entre a lectura e o noso proxecto, amosando como as historias tamén nos permiten viaxar, descubrir e medrar, igual que verdadeiros agronautas.

Un traballo cheo de creatividade, ilusión e amor polos libros que enche de cor e significado o noso centro.



Ademais , ao longo deste mes do libro, leváronse a cabo apadriñamentos lectores, teatro de títeres levado a cabo por un grupo de  animadores/as á lectura de 6º de E.P., elaboración de marcapáxinas...




jueves, 16 de abril de 2026



O festival Modo Galego, actívao! é unha festa coa que se pechará a cuarta edición deste programa que está organizado polo Concello de Ames e a Real Academia Galega, en colaboración coa Xunta de Galicia. No dito festival actuarán o grupo de música tradicional amesá As Mainas, e dúas das bandas máis potentes do panorama da música infantil en galego: A Gramola Gominola e Uxía Lambona e a Banda Molona. 
A festa será o venres, 17 de abril, ás 17.30 horas, na explanada do pavillón de deportes de Bertamiráns. Todo o alumnado dos centros de ensino de Ames recibirá o seu convite para poder asistir acompañados das súas familias. A apertura de portas será ás 17.00 horas.

ESTADES TOD@S INVITAD@S !!!

AQUÍ PODEDES VER O BEN QUE O PASAMOS !!!










ADEMAIS COMO ESTAMOS NO MES DO LIBRO, AGASALLARON Á CATIVADA CON CONTOS DOS BOLECHAS !!




martes, 7 de abril de 2026

O Día das Artes Galegas celébrase o 1 de abril de cada ano, instituído pola Real Academia galega de Belas Artes en 2015 co obxectivo promover e poñer en valor o patrimonio e a creación artística galega.
A data conmemora o 1 de abril de 1188, día no que se asentaron os dinteis do Pórtico da Gloria polo Mestre Mateo.

Este ano 2026, a  Real Ademia das Artes Galegas adícalle o día a José Suárez  (Allariz, 1902, A Guarda 1974) polo seu papel  pioneiro na fotografía humanista e por ser o fotógrafo galego máis internacional.
Fotógrafo viaxeiro e cineasta que documentou a Galicia rural, América e Xapón, destacando polo súa estética moderna e mirada social.

"O FOTÓGRAFO GALEGO QUE TIÑA  OS  OLLOS QUE PENSABAN"


O EDLG ENCARGOUSA DA ELABORACIÓN DO MURAL CONMEMORATIVO E NAS AULAS TRABALLOUSE A SÚA CARICATURA E UNHA DAS FOTOGRAFÍAS MÁIS COÑECIDAS DEL : "JAVIOTA"





 

sábado, 28 de marzo de 2026


Os días 23, 26 e 27 de marzo, o alumnado de 4º, 3º e 6º de E.P fixeron uns roteiros organizados pola mestra de E.Física  para coñecer a nosa contorna máis próxima: árbores autóctonas, ríos e regatos, pazos, castros, catedral... e ata o observatorio astronómico!!
*ROTEIRO 4º E.P: roteiro circular de 9 km por Ames e Brión. Sairon do colexio indo cara Sisalde, Chave de Carballo, parque do S. Arandel, aldea de Xinzo, aldea de Framán, Eirapedriña, As Cortes , parque de Ortoño e Agro do Muíño.

*
*ROTEIRO 3º E.P:roteiro circular de 7,5km por Rois. Sairon de Angueira de Castro , pasando pola aldea de Beca, depuradora de Teo, parque da Piollosa, ponte paradela, castro Lupario, Xardín do Recordo, pazo do Faramello e regreso a Angueira de Castro.


*ROTEIRO 6º E.P: roteiro circular saindo do observatorio astronómico Ramón Mª Aller , carballeira de S. Lourenzo, ponte Sarela, fonte lavadoiro, capela do Carme de Abaixo, parque de Galeras, parque da Alameda, mirador da catedral, monumento a Rosalía de Castro e observatorio (5km). A continuación realizaron unha visita ao observatorio astronómico da USC.


A nosa Galicia é moi fermosa e descubrimos tamén que o galego chega a todas partes , ata se fai  ciencia en galego !!!


 

miércoles, 25 de marzo de 2026


 O Concello de Ames presenta unha nova edición do Certame Literario

✍️
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, abre unha nova convocatoria para todas aquelas persoas que queiran dar renda solta á súa creatividade ✍️
📝 Podes presentar textos inéditos
🗣️ En lingua galega
🔸 De temática libre
📅 Prazo aberto ata o 30 de abril
Se che gusta escribir, esta é a túa oportunidade para compartir o teu talento! Consulta as bases, descarga a ficha de participación e accede a toda a información do certame .
HAI GRANDES PREMIOS, TANTO PARA NEN@S COMO PARA ADULTOS !!
DENDE O EDLG, ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR!

lunes, 23 de marzo de 2026


O Día 21 de marzo conmemoramos o Día da árbore e da poesía. No nosos centro, cada aula escribiu unha poesía relacionada co universo, aprendémola de memoria para recitar e colgámola na ÁRBORE DA POESÍA que está colocada na entrada principal do centro.







 

viernes, 13 de marzo de 2026


A semana do 9 ao 13 de marzo, conmemoramos a SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA coa finalidade de reivindicar que os xornais son unha "fiestra aberta ao mundo" onde se informa de todo tipo de acontecementos.
Así, ao longo da semana ,en tódalas aulas, traballouse  cos xornais  facendo diversas actividades tales como:
* selección de noticias relacionadas co universo para a elaboración do mural do centro,
*creación de noticias;
*ilustración de noticias do xornal;
*xogos con papel de xornal: encestar, papiroflexia...











 

viernes, 6 de marzo de 2026


O venres 6 de marzo conmemoramos no centro o Día Internacional da Muller.
Esta data  pretende visualizar a desigualdade  de xénero e reivindicar a loita pola igualdade efectiva dos dereitos para as mulleres en todos os ámbitos.

O alumnado de 4º de E.P foi o encargado da elaboración dos murais .



A COEDUCACIÓN É MOI IMPORTANTE... SI EDUCAMOS IGUAL SERÁN IGUAIS!

lunes, 23 de febrero de 2026


Cada 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía, a nosa escritora máis ilustre que naceu en Santiago de Compostela o 23 de febreiro de 1837  e  pasou parte da súa infancia en Ortoño, coas súas tías.
Destacou tanto pola súa poesía como polas súas novelas pero tamén por ser unha muller que loitou pola lingua galega.
Finou  na súa casa de Padrón o 15 de xullo de 1885. 

Para conmemorar este día, no Agro do Muíño leváronse a cabo diversas actividades:
*elaboración de mural conmemorativo;
*fixéronse caroutas de Rosalía e de moucho;
*recitáronse poemas;
*fíxose unha gala no centro para todo o alumnado;
*plantaron os pensamentos no xardín de Rosalía;
*participamos na Gala Homenaxe a Rosalía que organiza o concello de Ames.














sábado, 21 de febrero de 2026


O Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase anualmente dende o 21 de febreiro de 2002 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural. En 2026 terá lugar, pois, o 25 aniversario da conmemoración. 
No  noso centro propuxemos como actividade elexir palabras fermosas en lingua galega, decoralas e logo elaborar un mural.
Aquí está o resultado!



 

viernes, 20 de febrero de 2026


O día venres 20 de febreiro, o alumnado de 5º e 6º de E.P participou na VI Edición das Xornadas de Innovavación de Ames. "Innov@mes".
Presentaron dous proxectos :
*5ºE.P: " Materiais dos que están feitos os planetas"
*6º E.P: " O cerebro artificial: A micro-bit"
Con eles acadaron o 2º e o 4º premio do certame.

Parebéns a todo o alumnado participante e as súas mestras !!

  










 

viernes, 13 de febrero de 2026



 

O ENTROIDO en Galicia  é unha celebración de longa tradición e, a importancia é tal que, oito dos entroidos galegos son considerados Festa de Interés Turístico.
Tal vez sexa a festa por excelencia , cunha gran participación de cativ@s e maiores.

 Por iso, no noso centro, do  9 ao  13 de febreiro traballaramos o entroido: fixemos os mandadiños do meco e rematamos cunha gran festa de entroido onde hai degustación de postres de e entroido (orellas filloas, rosquillas, flores...) e un gran desfile de comparsas.
Ao longo da semana houbo visitas dos xenerais do ulla, das pantallas de xinzo... e moitas sorpresas máis !







O venres 13, foi unha xornada de portas abertas na que todas as familias poideron vir a ver o desfile e a desfrutar da festa!
Aquí vos deixamos un video de recordo do  ENTROIDO AGRONAUTA !


 



 

miércoles, 11 de febrero de 2026

 


O  11 de febreiro, coincidindo co DíA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA,o alumnado de 6º de E.Infantil, levou a cabo uns obradoiros de  "PEQUEN@S CIENTÍFIC@S"  organizados polo Departamento Medioambiental do Cocello de Ames.

Sergio e Jose ensináronnos moitas cousas da científica MARIE CURIE, unha muller que cambiou a historia da ciencia e a única persoa do mundo que ganou DOUS PREMIO MOBEL.

Fixemos experimentos cheos de luz e cor ! 

A Cª tamén pode ser divertida e as nenas e as mulleres tamén poden facer ciencia para cambiar o mundo !




viernes, 6 de febrero de 2026

BAILE  FINAL : "FALO  GALEGO !"



O  venres, 6 de febreiro, acompañados polas pandeireteiras da Asociación Cultural de Bugallido e por Xela Jorge, tivemos unha baile conxunto coa muiñeira que as Maianas escribiron para este o proxecto do "Modo galego, actívao" titulada "Falo galego!".
Foi unha xornada festeira a prol da lingua galega donde todos e todas desfrutamos compartindo o noso amor polo galego.




FALO  GALEGO PORQUE QUERO E PORQUE SEI !!!