lunes, 27 de febrero de 2023

HISTORIAS CON APEGO. O Galego, ese recurso poderoso

 

O GALEGO NA MIÑA VIDA. Ángel Carracedo
Para que me valeu aprender galego. Lady Avellana.
Avergoñeime de Falar Galego. Lady Avellana.
Os mellores vídeos dos 21 días co Galego & Dígocho Eu.

domingo, 26 de febrero de 2023

CALCETÍS E PAXARÍNS

 Este é un proxecto de creación audiovisual. Unha serie de dez episodios de vídeos independentes, de 4 minutos de duración. Unha serie pensada específicamente para a difusión e valorización de variedades dialectais do galego. 

CALCETÍS E PAXARÍNS foi concebida como material de apoio para clases de lingua galega.



CALCETÍS e PAXARÍN 1                         CALCETÍN E PAXARÍN 6 

CALCETÍN E PAXARÍN 2                         CALCETÍN E PAXARÍN 7           

CALCETÍN E PAXARÍN 3                         CALCETÍN E PAXARÍN 8                   

CALCETÍN E PAXARÍN 4                         CALCETÍN E PAXARÍN 9                

CALCETÍN E PAXARÍN 5                         CALCETÍN E PAXARÍN 10                   

sábado, 25 de febrero de 2023

PLANTAMOS PENSAMENTOS

 Retomamos a nosa plantación de pensamentos no noso cole, adicada a Rosalía de Castro. Participaron representantes de todas as aulas.

O alumnado de 6º de Ed. Primaria preparou a nosa cuncha.

GALA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Onte tivemos a Gala de Rosalía no centro e hoxe sábado, terémola na Aula de Cultura de Bertamiráns.

O alumnado de 6º inventou unha regueifa sobre Rosalía que cantaron Candela de 6º e Alex de 5º. O alumnado de 3º cantaron  o poema musicado "Xan".

PARABÉNS A TODOS!!!


PREMA NAS IMAXES


Actuación dos profes: Sara, Nadia, Zas e Diego


 Trémola Teatro, con Yolanda, fíxonos un percorrido pola vida de Rosalía.



miércoles, 15 de febrero de 2023

O NOSO ENTROIDO

 O Entroido chegou ao Ceip Agro do Muíño dende todos os países do mundo. Hoxe máis que nunca somos unha fiestra aberta ao MUNDO!!!!



lunes, 13 de febrero de 2023

ENTROIDO


 O CEIP Emilia Pardo Bazán compartiu este material que vos pode servir para as actividades relacionadas coa celebración do entroido.

Este material é o seguinte:

1. Díptico personalizable con catro textos sobre o entroido, en formato PDF e tamaño A4.

                                                2. Genially cun pasapalabra con vocabulario do entroido e dirixido ao alumnado de Ed. Primaria.    

                                                        https://view.genial.ly/63e40a75eceeb000188efbcd 

Este material tamén está publicado no Portal da Língua Galega das SXPL da Xunta de Galicia.

viernes, 10 de febrero de 2023

ROSALÍZATE- Actividade proposta polo Concello

 . #ROSALÍZATE

 É unha intervención ao aire libre e en espazos urbanos para que poida participar nela toda a veciñanza e as persoas que se acheguen ou pasen polo Concello de Ames a partir do 20 de febreiro do 2023.

Colocaranse dúas estruturas, a modo de photocall, en espazos céntricos de Bertamiráns e do Milladoiro. A idea é que calquera persoa que o desexe poida facer unha fotografía e subila as redes sociais acompañada de versos rosalianos co cancelo #rosalízate. Nesas estruturas aparecerá a imaxe de Rosalía acompañada de palabras simbólicas que definen a súa obra e o seu pensamento (lingua, alegría, xustiza, empatía, feminismo, valentía, arte, terra, identidade, compromiso...). Nas ditas estruturas colocaranse ademais tres caretas para que as persoas poidan rosalizarse tapando o seu rostro (a idea é que saia a cara de Rosalía co corpo das persoas fotografadas).

Aos centros educativos de infantil e primaria enviaranse varios modelos de caretas en pdf para que poidan imprimirse e/ou retocarse e que cada neno ou nena elabore a súa propia. O alumnado levará para a casa as caretas que se elaboren nos centros para que, posteriormente, vaia coa súa familia fotografarse no photocall. Cada familia decidirá se continúa ou non a actividade subindo ás redes as imaxes acompañadas de versos rosalianos. Os centros educativos tamén poden subir esas imaxes acompañadas de versos ás propias webs.

DÍA DE ROSALÍA


 O 23 de febreiro celebrarase o día de Rosalía. 

Desde o equipo de dinamización da lingua galega do CEIP Luís Seoane, de Oleiros, A Coruña,  partillaron connosco unhas unidades didácticas para o Día de Rosalia, o 23 de Febreiro, que foron desenvolvidas no seu centro e dirixidas a alumnos e alumnas a partir de 4º nivel de Educación Primaria .

Cada unidade didáctica está composta por un díptico en A4, para imprimir en dobre cara, unha guía de emprego e exploración para o profesorado e unhas pequenas actividades escritas, integrado todo nun documento PDF.

 As dúas primeiras destas unidades van dedicadas ás dúas obras de Rosalía: “Cantares gallegos” e “Follas novas”. Inclúense fragmentos de poemas de cada un dos libros, unha moi breve explicación do seu significado ou importancia, e ligazóns a material suplementario, como vídeos ou versións musicais dos poemas, ligazóns que son ampliadas na guía do profesorado para poder construír con facilidade unha sesión de aula con cada unidade.

 

Os materiais están á vosa disposición en http://edugaliza.org/rosalia.