martes, 19 de abril de 2022

LETRAS GALEGAS 2022 " Seminario Galán"

 

PREMA NA IMAXE 
para atopar as actividades interactivas na páxina Web do Seminario Galán sobre o autor homenaxeado este ano. Así como actividades en PDF, carteis da exposición e cuestionario, díptico, marcapáxinas, biografía, escolma de textos, fotos e actividades para infantil en lingua de signos, video da biografía, canción sobre o poema " Pandeirada", cronoloxía, marcapáxinas... material que pode facilitar ao profesorado a Celebración das Letras Galegas 2022, con actividades didácticas para o alumnado de infantil e primaria, elaboradas polos GT do Seminario de Galán.
    

lunes, 4 de abril de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

 



A Real Academia Galega xa ten en marcha a nova edición de PRIMAVERA DAS LETRAS  
Na páxina web deste proxecto dirixido ao público infantil primaveradas letras.gal, pode descargarse a biografía do autor escrita por Ledicia Costas e ilustrada por Blanca Millán.
O espazo irase enriquecendo con novas actividades, fichas para colorear e outros recursos arredor do universo vital e literario de Delgado Gurriarán.
A RAG convoca o concurso escolar Contádenos o voso Día das Letras, co propósito de promover un espazo de participación para que os centros amosen como celebran a gran festa da nosa língua.