O Magosto é unha celebración de orixe celta que forma parte da cultura galega. nela celébrase a chegada dos froitos de outono.
A pesar de que non ten unha data concreta para celebrar, sóese facer entre o día de Santos ( 1 de novembro) e o día de San Martiño (11 de novembro).
Os principais elementos desta festa son o lume e as castañas.
Este ano no Agro, celebramos o magosto o día 12 de novembro e veu o tren das castañas, tivemos xogos populares e rematamos a festa cunha gran foliada.


No hay comentarios:
Publicar un comentario