viernes, 19 de junio de 2026
jueves, 18 de junio de 2026
Inspirada no noso PDI Agronautas en órbita, esta adaptación permitiulles compartir coas súas familias o resultado de meses de traballo, ensaios, aprendizaxes e ilusión. Música, danza, expresión dramática e acrosport uníronse para dar vida a unha historia que fala da amizade, dos soños e da importancia de mirar máis alá do visible.
Esta actuación serviu tamén como unha fermosa despedida da súa etapa no CEIP Agro do Muíño, pechando un capítulo cheo de experiencias, recordos e momentos compartidos.
Moitísimas grazas a Alicia polo seu traballo, dedicación e compromiso ao longo destes cursos, facendo posible unha despedida tan especial para o noso alumnado.
Moita sorte nesta nova etapa que está a piques de comezar.
A voar, rapazada!
Aquí vos deixamos un video mostra do que alí vivimos... un auténtico espectáculo !!!
viernes, 5 de junio de 2026
Cada 5 de xuño, conmemoramos o Día Mundial do Medio Ambiente, para fomentar la conciencia pública, impulsar a acción climática e promover o desarrollo sostenible a nivel global.
Coa finalidade de concienciar ao alumnado da importancia de coidar o noso planeta. 🌱💚nesta ocasión,dado que estamos traballando o espacio, fixemos fincapé en Xunqueira Ézara, unha enxeñeira aeroespacial galega de Redondela que traballa en proxectos moi interesantes relacionados coa limpeza do lixo espacial. 🛰️✨
A través das súas investigacións descubriron que arredor da Terra orbitan satélites e outros restos que xa non se utilizan e que poden supoñer un problema para futuras misións espaciais. Xunqueira participa no desenvolvemento de novas tecnoloxías para retirar estes residuos do espazo e contribuír a un uso máis sostible da órbita terrestre. Ademais, tamén colabora en proxectos da Axencia Espacial Europea relacionados coa exploración de Marte. 🚀🔭
Despois de coñecer esta realidade, a cativada reflexionou sobre a importancia de reducir os residuos non só na Terra, senón tamén en calquera lugar onde desenvolvamos a nosa actividade. 🌍✨
Esta investigación serviulles para lembrar un concepto moi importante: as 3 R. ♻️
👉 Reducir, consumindo só o necesario.
👉 Reutilizar, dando unha segunda vida aos obxectos.
👉 Reciclar, separando correctamente os residuos para que poidan transformarse en novos materiais.
A través destes pequenos xestos comprenderon que todas as persoas podemos contribuír a diminuír a cantidade de lixo que xeramos e a protexer o medio ambiente. 🌱♻️
Coidar a Terra é unha responsabilidade compartida onde cada acción conta e, os xestos que realizamos hoxe axudarán a construír un futuro máis limpo, saudable e sostible para todas e todos. 💚🌍✨






