lunes, 4 de diciembre de 2023

FALADOIROS DO MUÍÑO: Aprendemos da flora e Fauna de Galicia.

 Esta vez tivemos a visita de Carolina, a mamá de Miguel. Falounos do noso proxecto deste ano:

" A Flora e Fauna de Galicia". Fíxonos un divertido e didáctico xogo con tarxetas de plantas e animais.

jueves, 30 de noviembre de 2023

FALADOIROS DO MUÍÑO: Unha xornada micolóxica en Ed. Infantil

 Sonia, a tia de Xavi, veu a falarnos das partes dun cogumelo. Cales se comen e cales non, como se apañan... unha xornada micolóxica completa.

jueves, 23 de noviembre de 2023

FALADOIROS DO MUÍÑO: " Sacamos o ADN dun amorodo "

SACAMOS O ADN DUN AMORODO     ( Fai click)

Aproveitando o Mes da Ciencia, o alumnado de 2º C  recibiu a visita de Olalla ( unha mamá que sabe moitísimo de Xenética). Explicoulle moi ben, iso que é o ADN, mesmo foron quen de sacalo dun amorodo.

miércoles, 15 de noviembre de 2023

FALADOIROS NO MUÍÑO

  IRENE, A AVOA BIÓLOGA  (FAI CLICK)

 A avoa bióloga, Irene, veu a explicarlle ao alumnado de 3 anos diferentes froitos e flores e o traballo das abellas para que haxa froitos. Ademáis, xa que o volcán de Islandia está a piques de erupcionar, viron en que consistía a erupción dun volcán e tocaron pedras de lava.

martes, 31 de octubre de 2023

SAMAÍN


 Esta é unha mostra do Samaín no Ceip Agro do Muíño.

Fai click na foto e verás o noso Samain.

miércoles, 4 de octubre de 2023

CURSO 2023- 2024

 Este curso xa temos novo proxecto:

  " Toxos, vacas e letras", estudaremos a fondo a Flora e  Fauna de Galicia. 

"Enraízate no Agro" dende a Biblioteca.

martes, 30 de mayo de 2023

MURAL LETRAS GALEGAS 2023

 


ASÍ QUEDOU O NOSO MURAL !!!!

lunes, 8 de mayo de 2023

LETRAS GALEGAS 2023

 

O 17 de maio é a Festa da Lingua  Galega, unha celebración institucionalizada pola Real Academia galega(RAG) que chega a súa 60 edición rendindolle homenaxe ao traductor, novelista, historiador, xornalista, ensaista e editor:

Francisco Fernández del Riego


Material para traballar:
Prema na fotos

SEMINARIO GALÁN

CRONOLOXÍA










jueves, 23 de marzo de 2023

MODO GALEGO ACTÍVAO 4 anos B

 O alumnado de Infantil cumpriu o compromiso e o reto de traballar en GALEGO!

MAIS ADIVIÑAS MODO GALEGO

Aquí vos deixamos máis adiviñas da clase de 3º C. Animádesvos a averigüar? 











lunes, 20 de marzo de 2023

MODO GALEGO ACTÍVAO 3º A

                                                            INTELIXENCIA ARTIFICIAL 

Gigi dende Noruega viaxa no tempo


MODO GALEGO ACTÍVAO 3 anos

 OS OFICIOS : "De maior quero ser..."


5 ANOS B


domingo, 19 de marzo de 2023

MODO GALEGO ACTÍVAO 3 anos

 As familias de 3anos seguen mandando palabras bonitas en galego, e ao chegar á aula ensinan e contan a palabra que traen.







MODO GALEGO ACTÍVAO 1ºC

 O alumnado de 1º C segue activando o Modo Galego.





                                                        Video do último día do programa galego activao 1°C  
 
          

miércoles, 15 de marzo de 2023

MODO GALEGO- ACTÍVAO

 OFICIOS E PROFESIÓNS 5 ANOS





martes, 14 de marzo de 2023

MODO GALEGO- ACTÍVAO

 DOBRAXES 

  Alumnado 6º C

  Alumnado de 5º C


MODO GALEGO- ACTÍVAO. 3º C

         Árbores xenealóxicas do idioma  e  ADIVIÑAS

                                                                                                                                     

 
ADIVIÑAS 3º C
   

 

 






                             

sábado, 11 de marzo de 2023

MODO GALEGO-ACTÍVAO Alumnado 1º C

 O alumnado de 1º C tamén activaron O Modo Galego.




viernes, 10 de marzo de 2023

MODO GALEGO- ACTÍVAO Aula 1º A

 Mirade canto se esforzaron @s alumn@s de 1º A, tod@s uns artistas.

          Escoitade as suas opinións

                2ª OPINIÓN     
                                                                                 3ª OPINIÓN     
                                                                                


jueves, 9 de marzo de 2023

MODO GALEGO_ ACTÍVAO

 As familias de 3 anos colaboran co Modo Galego e buscaron nen@s e familia unha palabra bonita, decorada. Cada neno@,di a súa palabra, e ó seu Xeito explican a palabra, esto é tan solo unha mostra.....







MODO GALEGO-ACTÍVAO. 8 marzo

 O alumnado de 3º de Ed. Primaria animouse con Rosalía e o 8 de marzo.

 


                                                                                                         


MODO GALEGO- ACTÍVAO

 Os alumnos de 5 anos seguen activos, moi activos. Aquí vai unha mostra.








miércoles, 8 de marzo de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Para conmemorar este día, aquí tendes unha mostra dos distintos traballos realizados nas aulas.

lunes, 6 de marzo de 2023

MODO GALEGO- ACTÍVAO

O noso alumnado de 6º A segue facende matemáticas en galego. Aquí van tres capítulos mais de 

                                                                " Tolos polas mates"



domingo, 5 de marzo de 2023

viernes, 3 de marzo de 2023

MODO GALEGO- ACTÍVAO

 Seguimos traballando no cole, O alumnado de 6º mirade o que fixo: " TOLOS POLAS MATES"

Ollade os adornos que fixeron @s nen@s de infantil para colgar cando chegan ao cole!!


O alumnado de 1º C tamén colaborou con este vídeo




jueves, 2 de marzo de 2023

MODO GALEGO- ACTÍVAO

 Xa está dando froitos este programa. Aquí tedes un vídeo do alumnado de 2º de Ed. Primaria.


REGUEIFA DE MODO GALEGO. Os de 6º de Ed. Primaria colléronlle gusto á Regueifa.


O alumnado de 5 anos tamén non quere quedar atrás e mirade que ben traballou.


E aquí van unhas fotiños do seu Compromiso



Os de 3 anos uns "fenómenos", estamos á espera dunha actividade feita conxuntamente coas familias.                                                   
                        

 

miércoles, 1 de marzo de 2023

PARTICIPAMOS EN ENREGUEIFATE

 Dende o noso cole participamos na VI Edición do Certame " Enreguéifate" na categoría escolar.



PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DE COMPROMISO LINGÜISTICO

 

Este luns comezaremos este programa. 
Durante 3 semanas, alumnado, profesorado e persoal de servizos complementarios adquirirán o compromiso de empregar o galego o máximo posible ou mesmo en exclusiva. 
Asemade, desenvolverase un programa de actividades orientado a reforzar o efecto da experiencia do alumnado.

Temporalización: De luns 27 de febreiro ao domingo 19 de marzo.
A experiencia artellarase sobre un blog que orientará diariamente o seu funcionamento.

lunes, 27 de febrero de 2023

HISTORIAS CON APEGO. O Galego, ese recurso poderoso

 

O GALEGO NA MIÑA VIDA. Ángel Carracedo
Para que me valeu aprender galego. Lady Avellana.
Avergoñeime de Falar Galego. Lady Avellana.
Os mellores vídeos dos 21 días co Galego & Dígocho Eu.

domingo, 26 de febrero de 2023

CALCETÍS E PAXARÍNS

 Este é un proxecto de creación audiovisual. Unha serie de dez episodios de vídeos independentes, de 4 minutos de duración. Unha serie pensada específicamente para a difusión e valorización de variedades dialectais do galego. 

CALCETÍS E PAXARÍNS foi concebida como material de apoio para clases de lingua galega.



CALCETÍS e PAXARÍN 1                         CALCETÍN E PAXARÍN 6 

CALCETÍN E PAXARÍN 2                         CALCETÍN E PAXARÍN 7           

CALCETÍN E PAXARÍN 3                         CALCETÍN E PAXARÍN 8                   

CALCETÍN E PAXARÍN 4                         CALCETÍN E PAXARÍN 9                

CALCETÍN E PAXARÍN 5                         CALCETÍN E PAXARÍN 10                   

sábado, 25 de febrero de 2023

PLANTAMOS PENSAMENTOS

 Retomamos a nosa plantación de pensamentos no noso cole, adicada a Rosalía de Castro. Participaron representantes de todas as aulas.

O alumnado de 6º de Ed. Primaria preparou a nosa cuncha.

GALA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Onte tivemos a Gala de Rosalía no centro e hoxe sábado, terémola na Aula de Cultura de Bertamiráns.

O alumnado de 6º inventou unha regueifa sobre Rosalía que cantaron Candela de 6º e Alex de 5º. O alumnado de 3º cantaron  o poema musicado "Xan".

PARABÉNS A TODOS!!!


PREMA NAS IMAXES


Actuación dos profes: Sara, Nadia, Zas e Diego


 Trémola Teatro, con Yolanda, fíxonos un percorrido pola vida de Rosalía.



miércoles, 15 de febrero de 2023

O NOSO ENTROIDO

 O Entroido chegou ao Ceip Agro do Muíño dende todos os países do mundo. Hoxe máis que nunca somos unha fiestra aberta ao MUNDO!!!!



lunes, 13 de febrero de 2023

ENTROIDO


 O CEIP Emilia Pardo Bazán compartiu este material que vos pode servir para as actividades relacionadas coa celebración do entroido.

Este material é o seguinte:

1. Díptico personalizable con catro textos sobre o entroido, en formato PDF e tamaño A4.

                                                2. Genially cun pasapalabra con vocabulario do entroido e dirixido ao alumnado de Ed. Primaria.    

                                                        https://view.genial.ly/63e40a75eceeb000188efbcd 

Este material tamén está publicado no Portal da Língua Galega das SXPL da Xunta de Galicia.

viernes, 10 de febrero de 2023

ROSALÍZATE- Actividade proposta polo Concello

 . #ROSALÍZATE

 É unha intervención ao aire libre e en espazos urbanos para que poida participar nela toda a veciñanza e as persoas que se acheguen ou pasen polo Concello de Ames a partir do 20 de febreiro do 2023.

Colocaranse dúas estruturas, a modo de photocall, en espazos céntricos de Bertamiráns e do Milladoiro. A idea é que calquera persoa que o desexe poida facer unha fotografía e subila as redes sociais acompañada de versos rosalianos co cancelo #rosalízate. Nesas estruturas aparecerá a imaxe de Rosalía acompañada de palabras simbólicas que definen a súa obra e o seu pensamento (lingua, alegría, xustiza, empatía, feminismo, valentía, arte, terra, identidade, compromiso...). Nas ditas estruturas colocaranse ademais tres caretas para que as persoas poidan rosalizarse tapando o seu rostro (a idea é que saia a cara de Rosalía co corpo das persoas fotografadas).

Aos centros educativos de infantil e primaria enviaranse varios modelos de caretas en pdf para que poidan imprimirse e/ou retocarse e que cada neno ou nena elabore a súa propia. O alumnado levará para a casa as caretas que se elaboren nos centros para que, posteriormente, vaia coa súa familia fotografarse no photocall. Cada familia decidirá se continúa ou non a actividade subindo ás redes as imaxes acompañadas de versos rosalianos. Os centros educativos tamén poden subir esas imaxes acompañadas de versos ás propias webs.

DÍA DE ROSALÍA


 O 23 de febreiro celebrarase o día de Rosalía. 

Desde o equipo de dinamización da lingua galega do CEIP Luís Seoane, de Oleiros, A Coruña,  partillaron connosco unhas unidades didácticas para o Día de Rosalia, o 23 de Febreiro, que foron desenvolvidas no seu centro e dirixidas a alumnos e alumnas a partir de 4º nivel de Educación Primaria .

Cada unidade didáctica está composta por un díptico en A4, para imprimir en dobre cara, unha guía de emprego e exploración para o profesorado e unhas pequenas actividades escritas, integrado todo nun documento PDF.

 As dúas primeiras destas unidades van dedicadas ás dúas obras de Rosalía: “Cantares gallegos” e “Follas novas”. Inclúense fragmentos de poemas de cada un dos libros, unha moi breve explicación do seu significado ou importancia, e ligazóns a material suplementario, como vídeos ou versións musicais dos poemas, ligazóns que son ampliadas na guía do profesorado para poder construír con facilidade unha sesión de aula con cada unidade.

 

Os materiais están á vosa disposición en http://edugaliza.org/rosalia.

miércoles, 25 de enero de 2023

DÍA DA PAZ (30 de xaneiro)

 ESTOS SON ALGÚNS TRABALLOS DO NOSO ALUMNADO COMMEMORANDO ESTE DÍA.



PREMA NA IMAXE