jueves, 10 de abril de 2025

A edición de 2024 dos Premios Mil Primaveras recoñeceu catro novos proxectos de normalización lingüística: Brazolinda (unha iniciativa empresarial de creación de xogos en galego), Galego para peques (un proxecto audiovisual dirixido á primeira infancia), Modo galego, actívao! (un programa integral de dinamización lingüística en diferentes ámbitos) e Vitamina G (unha iniciativa educativa co galego como factor de integración e cohesión social).

Modo galego, actívao!

Modo galego, actívao! é un proxecto de investigación-acción desenvolvido de xeito colaborativo pola Real Academia Galega e o Concello de Ames. Botou a andar en 2021 e busca dinamizar a lingua galega traballando asemade diferentes ámbitos: a educación, o lecer e as familias. É un programa exportable a outros lugares que combina a intervención e a avaliación, o que permite que poida evolucionar de acordo cos resultados obtidos. Destaca pola colaboración entre institucións e pola implicación de diferentes axentes (docentes, alumnado, monitorado e familias) nun proxecto integral para todo o concello. O xurado tamén salientou aspectos como a súa planificación coidada e rigorosa, que promove a reflexión sociolingüística interxeracional e que incide en diferentes ámbitos de vida das crianzas co fin de facilitar a socialización en galego.

O sábado ,7 de xuño, será a entrega do premio no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Parabéns ao Concello de Ames por esta iniciativa e a todos os centros educativos participantes  de Ames: EEI de Milladoiro, CEIP Agro do Muíño, Ceip A Maía,  CEIP de Barouta, CEIP de Ventín.

 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario