ACHÉGASE O NADAL !!!

ACHÉGASE O NADAL !!!
Beli, a auxiliar técnico educativa do noso centro, contoulles ao alumnado de 5º de E.Infantil o conto de " Por catro esquiniñas de nada" . Un conto de apariencia moi simple e cunha gran lección...De maneira indirecta fala da integración, de respecto do diferente, de cambio de perspectiva, de como a amizade atopa solucións...
Tamén se elaborou un mural conmemorativo sobre diversidade funcional.
O LEMA DESTE ANO DO NOSO CENTRO É ...
Cada 20 de novembro conmemoramos o DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA coa finalidade de contribuír a facer que os dereitos d@s nen@s sexan unha realidade en todos os países do mundo.
Este ano, o alumnado de E. Infantil foi o encargado desta conmemoración e elaboraron un fermoso mural no corredor do centro cos dereitos da infancia.
Ademais, dende a Asociación Galega de familias de acollida, convídanos cada ano a conmemorar este día propoñéndonos que veñamos ao cole en pixama ou cun obxecto significativo da infancia: peluche, chupete, mantiña... Isto é para representar o momento de intimidade familiara da hora de durmir, nun fogar calquera.
Con esta iniciativa preténdese facer énfase na importancia do acollemento familiar para garantir o dereito a vivir a familia d@s nen@s... que os que viven en centros non teñen cumprido.
CHEGOU O MAGOSTO !!
O magosto é unha celebración de orixe celta que forma parte da cultura galega. Nela celébrase a chegada dos froitos de outono. A pesar de que non ten unha data concreta para celebrar, sóese facer entre o 1 e o 11 de novembro e os principais elementos son as castañas e o lume.No Agro do Muíño, celebramos o magosto o venres 8 de novembro con castañas, xogos tradicionais e moita foliada!
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
O día 4 de novembro, conmemoramos o Día da Ciencia en Galego co obxectivo de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida , como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.
Este ano dedícaselle á Astronomía , homenaxeando a Galileo Galilei que descubre co seu telescopio toda unha serie de satélites de planetas, detalles da Lúa, ademais de ser un físico relevante e defensor da teoría heliocéntrica.
O NOSO SAMAÍN !!
Que o SAMAÍN é anterior ao Halloween non é ningunha broma...
Samaín provén da palabra gaélica "Samhain" , que significa " fin do verán" e ten unha explicación e orixe nas tradicións dos celtas, os cales celebraban o final do verán e das colleitas con este rito que perdurou ata os nosos días .
Esta celebración coincide co 31 de outubro e o 1 de novembro e ten un pasado milenario onde se facían ofrendas de froitos en honor aos nosos antepasados e un banquete que recordaba aos nosos mortos.
No noso centro, na semana do 28 ao 30 de outubro, celebramos o Samaín cunha exposición de caveiras elaboradas polas familias e cunha gran festa .
Durante todo o curso o alumnado do noso centro visitou O Agocho dos Trasnos, que está na Carballeira de Ventín. Para recibilos está un trasno que vixía todo o seu percorrido, no que se atopan diferentes animais da fauna autóctona, coma son a bolboreta, a curuxa, a pintega , a donicela...
Comezouse no outono coa caída das follas, e continuouse ao longo do curso segundo o permitían as condicións climatolóxicas.
Se queres descubrir o mundo máxico da Carballeira O AGOCHO DOS TRASNOS , clica na imaxe.
O proxecto deste curso foi A FLORA E FAUNA AUTÓCTONA, por esta razón decidimos facer ao longo de todo o curso unha exposición con plantas e animais de Galicia.
Esta era itinerante porque cada semana íamos rotando no sentido das agullas do reloxo tendo en conta as catro entradas do cole. Asítodo o alumnado podía descubrir cada semana unha especie diferente, tanto de plantas coma de animais.
Cada aula buscou un animal e unha planta de Galicia e aprenderon a diferenciar a flora e fauna autóctonas das especies foráneas, sorprendéndose nalgúns casos.
Ao longo de todo o curso expuseron algunhas especies de plantas de uso tradicional coma a ruda, a menta... ou arbustos como o toxo, a xesta, as silvas... tamén árbores como o teixo, o castiñeiro, a aveleira, o carballo...
E tamén animais coma o raposo, o esquío, a bubela, o moucho, a donicela...
Clica na imaxe e dsfrutarás da exposición de Flora e Fauna do Agro.
A Radio Escolar do Agro do Muíño, RADIO AGRO ONDA, emite o seu derradeiro programa deste curso.
É un programa con distintas seccións. Si tedes un ratiño libre conectade premando a imaxe.
Este ano o proxecto do centro é Fauna e Flora de Galicia. O alumnado de 5º de Ed. Infantil fixemos un herbario de plantas medicinais despois de coñecer os beneficios de algunhas herbas.
Fixemos un programa de radio no cole, pois temos Radio Escolar por se non o sabedes.
@s de 4 anos en colaboración co alumnado de 5º de Ed. Primaria gravamos para a sección:
" REBOTICA".
Quedounos xenial!!!!!! Escoitade. ( Prema)
Nesta semana preguntaban se sabían algunhas palabras en portugués, e os nenos de 4 anos A algunhas saben e tamén un cachiño dunha canción.
O alumnado de 5º A de Ed. Infantil, aprenderon palabras de alimentos en galego e escribírinas na sua libreta de modo Galego. E temos a mostra!!!!!
Os nenos e nenas de 4º B fixeron unha investigación sobre os lugares onde se fala o galego. Aquí queda recollido nesta foto a interpretación das bandeiras.
Os nenos e nenas de 2º A presentan neste vídeo as palabras esquecidas e fermosas do galego.
O alumnado de 3º A ven pisando forte co modo galego. Decidiu aprender As fontes de enerxía, tema de naturais, versionando unha canción e este é o resultado.
O alumnado de 4º B visitou a praia da Aguieira. Comezaron cos movementos da Terra (rotación e traslación) e da Lúa e como inflúen nas mareas.
Palabras que estamos aprendendo:
volandeira, xibia, pedúnculo de alga e longueirón.
Lapas, volandeiras, xibias, berberechos, caracois, mexillón e ameixa.
Ostras, Bivalvo e ameixa.
Duna,cangrexo, pulga de area e alga.
O alumnado de 3º C de Ed. Primaria ven disposto a amenizarvos o estudo.
Aprende os pronomes persoais a ritmo de RAP co Modo Galego Activado.
Os alumnos de 5º de Ed. Infantil traballaron moito.
Esta é a caricatura de Luisa Villalta, a quen se adica este ano as Letras Galegas.
Cada curso, a nosa compañeira, tamén Luisa, fainos unha caricatura da persoa á quen se lle rende homenaxe e incluímola no mural das Letras Galegas.
O alumnado de 4º de Ed. Infantil canta unha canción sobre a choiva para o