viernes, 21 de marzo de 2025

 


O día 21 de marzo, coincidindo co equinocio da primavera no hemisferio norte, conmemoramos o Día Mundial da poesía simbolizando así a renovación e o florecemento da cultura e da lingua a través da poesía.

O alumnado de 3º de E.P coa axuda da súa mestra de E.Física , crearon poemas sobre o mar e interpretáronnos con percusión e movemento.




E o alumnado de 6º de E.P fixo unha fermosa regueifa sobre o mundo mariño "AMARAMAR", a cal impulsa a improvisación oral en verso en lingua galega e amplía aptitudes retóricas . Con esta regueifa participarán no VIII edición do certame "Enregueífate".






jueves, 13 de marzo de 2025

 

Do 10 ao 14 de marzo celebramos a "Semana da prensa na escola".



O alumnado de 3º e 4º de E.Primaria editou o xornal da nosa escola "O FARO DE AGRO" cunha edición especial onde se recollen moitas novas, entrevistas , pasatempos, horóscopo... foi todo un éxito!


Aquí podedes ver algunhas das actividades que se levaron a cabo cos xornais... 










 



lunes, 10 de marzo de 2025


O luns 10 de marzo,  commemoramos o Día Internacional da Muller que este ano dedicamos ás mulleres do mar: mariscadoras, mariñeiras, percebeiras, redeiras... e ,en especial a nosa oceanógrafa, de recoñecemento mundial, Ángeles Alvariño.

As alumnas de 6º E.primaria recitaron uns poemas que elas mesmas escribiron sobre as mulleres do mar e o alumnado de 5º E.Primaria elaborou o mural "Un mar de igualdade". Contamos coa actuación de Olga Kirk e Pablo Díaz que nos financiou o Concello e, para finalizar o acto, fixemos entre tod@s unha "Onda pola igualdade" coas pañoletas  violetas que nos agasallou a ANPA .





domingo, 9 de marzo de 2025

 


O venres, 7 de marzo, o alumnado de 5º de E. Infantil e 6º de E.Primaria, participou na xornada de innovación "Innov@mes"  organizada polo Concello de Ames  co obxectivo de fomentar  a formación en innovación nos centros de ensino amienses.
Presentaron dous proxectos : " O mundo submarino" e "Aprendendo xeometría coa impresora 3D" cos que acadaron o 3º e 4º premio .



Parabéns para tod@s @s premiad@s polo seu traballo !!!