jueves, 22 de febrero de 2024

DÍA DE ROSALÍA ( 23 febreiro)

 


Ao longo  de toda a semana estivemos realizando actividades sobre a nosa poetisa Rosalía de Castro, vinculada ao Concello de Ames. Entre elas:




O XARDÍN DE ROSALÍA 

O alumnado de Ed. Infantil plantou os pensamentos, flor preferida de Rosalía, no xardín que leva o seu nome. Tamén fixeron o mural adicado a nosa autora.



ESTUDO DO SEU HERBARIO

Decorouse unha zona con poemas onde aparecen nomes de flores e árbores e a representación gráfica destes.




DIÁLOGOS TEATRALIZADOS sobre o xardín de Rosalía que se representarán tanto no centro como na Gala do Concello.

Aquí deixamos unha  mostra.

,

miércoles, 21 de febrero de 2024

RECURSOS PARA O DÍA DE ROSALÍA

 








Prema na imaxe para atopar recursos para o Día de Rosalía. Recursos de varios centros e recompilados por Anabel no Recuncho das fadas.

sábado, 17 de febrero de 2024

DÍA DE ROSALÍA- 23 febreiro

 

Esta é a programación dende o Concello de Ames.

LUXO NO LIXO.- É unha intervención urbana ao aire libre, utilizando como soporte as papeleiras e colectores do lixo
Nos centros educativos comezamos por pegar os vinilos coa silueta de Rosalía cunha escolma dos seus versos nas papeleiras. 
O obxectivo é dobre:
- Xerar impacto sobre a figura de Rosalía de Castro.
- Poñer en valor o coidado do medio, a través da visibilización das papeleiras.

GALA HOMENAXE A ROSALÍA.-  Farase o venres 23 de febreiro na Aula de cultura de Bertamiráns.
Cada centro educativo aportará o seu graíño para que entre todos teñamos un bo espectáculo.

.





martes, 6 de febrero de 2024

ENTROIDO (8 febreiro)

 



O venres 8 de febreiro celebramos o Entroido no cole. Foi unha xornada de portas abertas e as familias poideron disfrutar e ver como os seus nen@s se divertían.

Encheuse o noso pabillón de vida animal e vexetal.

Prema na imaxe