viernes, 5 de diciembre de 2025


Como cada ano polo Nadal, o E.D.L.G organiza o CONCURSO DE POSTAIS .
A actividade consiste na elaboración de postais con mensaxes de nadal en lingua galega tomando como eixo "Un Nadal espacial ".
 Selecciónarase  unha postal por aula a cal recibirá un agasallo ( un libro en galego relacionado coa temática do proxecto: o universo) finalmente elíxese a mellor do centro, que se utilizará para felicitar ás familias do centro e aos organismos do Concello. Nos agasallos colabora a ANPA.

ANIMAMOS  A TODO O ALUMNADO A PARTICIPAR !


 


 PARABÉNS A  TODOS OS PARTICIPANTES POLO TRABALLO !!!



ESTAS FORON AS POSTAIS GAÑADORAS!







 

jueves, 4 de diciembre de 2025


O venres 12 de decembro, ás 18.00 horas, na Casa de Cultura de Bertamiráns, como vén sendo habitual durante a época do Nadal, o Apalpador visitará un ano máis Ames, acompañado de Cé Orquestra Pantasma e a Banda da Montaña. O Apalpador virá cargado de contos, canots e agasallos máxicos para as crianzas amesás, ademais de recoller as cartas dos nenos e nenas que así o desexen.

A entrada vai ser de balde, pero é necesario facer a inscrición .

O prazo para anotarse abre o xoves 4 de decembro, e remata o xoves 11 de decembro.
 

 Lembrade que tedes que enviar  un  correo a : normalizacion@concellodeames.gal  indicando:

  • nome e apelidos das persoas que ides ir;
  • idade d@s nen@s;
  • teléfono de contacto.

ANIMÁDEVOS  A PARTICIPAR NESTE ENCONTRO DE NADAL !!



miércoles, 3 de diciembre de 2025


Cada 3 de decembro conmemoramos  o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Esta data foi elixida para destacar a importancia de integrar plenamente ás persoas con discapacidade na sociedade e salientar os avances logrados a través de iniciativas e acordos internacionais que respaldan os seus dereitos e o seu benestar.

Queremos que vos fixedes no que realmente importa:
*Evita o trato discriminatorio ás Persoas con Discapacidade;
*Non son heroes nin vítimas.Non son xordos nin cegos.
*Non son inválidos, son PERSOAS.
*Trátaas de igual a igual.

Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o alumnado de 3º de Primaria realizou unha serie de carteis cheos de sensibilidade, creatividade e mensaxes positivas para visibilizar este día desde unha mirada inclusiva. A través dos seus debuxos transmitiron ideas tan importantes como o respecto, a igualdade, a amizade ou o valor da diversidade.


O alumnado de 6º de E.I fixo un percorrido polo cole para tratar de descubrir si no Agro do Muíño se promovía a inclusión das persoas con Discapacidade para tratar de ver as barreiras e limitacións coas que se enfrentan estas persoas no seu día a día e descubriron que hai cartelería adaptada por todo o centro, ascensor e rampas para eliminar as barreiras arquitectónicas... e comprometéronse a promover un trato respectuoso  e natural con estas persoas. 


O alumnado do 2º ciclo de E.P levou a cabo un obradoiro de Braille: "ler coas mans, comprender co corazón" , e achegáronse á lingua de signos e aos pictogramas.



                                       XUNTOS  FACEMOS  UN  UNIVERSO  MELLOR !!!

domingo, 23 de noviembre de 2025

 


Novembro é o mes da Cª e este 2025 é o Ano Internacional das Ciencias e Tecnoloxías Cuánticas, facendo especial fincapé na preservación dos glaciares e no estudo do xenoma humano.

No noso centro fixéronse diferentes actividades para conmemorar a Cª en galego:

*O alumnado de 3º e 4º de E.P levou a cabo os días 3 e 4 de novembro un obradoiros científicos coa técnica medioambiental do concello onde , a través de diferentes estacións cientícas traballaron: a expansión do universo, a creación das galaxias, as fases da Lúa, as capas da Terra, os continentes e a súa evolución.


Ademais, o día 18, todo o alumnado do centro disfrutou dunha experiencia no planetario móbil que veu ao cole.

     
    

                                            
O alumnado de 6º de E.P participou nas videoconferencias organizada por Igaciencia:

 

E ao longo do mes veñen diferentes expertos a facer charlas e experimentos.




jueves, 20 de noviembre de 2025


Como cada 20 de novembro, commemoramos o Día dos dereitos da Infancia coa finalidade de contribuír   a facer que os dereitos  d@s nen@s   sexan unha realidade en todos os países do noso planeta Terra.
Este ano, foi o alumnado de 1º de E.P o encargado da elaboración do mural e da elaboración dun podcats falando dos deritos de nenos e nenas.










 

miércoles, 12 de noviembre de 2025


O Magosto é unha celebración de orixe celta que forma parte da cultura galega. nela celébrase a chegada dos froitos de outono.
A pesar de que non ten unha data  concreta para celebrar, sóese facer entre o día de Santos ( 1 de novembro) e o día de San Martiño (11 de novembro).
Os principais elementos desta festa son o lume e as castañas.


Este ano no Agro, celebramos o magosto o día 12 de novembro e veu o tren das castañas, tivemos xogos populares e rematamos a festa cunha gran foliada.






 

viernes, 31 de octubre de 2025

 


O  SAMAÍN  ten a súa orixe  nas tradicións celtas. "Samhain" significa " fin do verán" e neste sentido, os celtas celebraban o final do verán e das colleitas.

Esta celebración coincide co 31 de outubro e o 1 de novembro e ten un pasado milenario, moito máis antigo que o "Halloween".É a noite máis espeluznante do ano onde hai cabazas, vampiros, morcegos, bruxas, pantasmas, monstros... Únese o mundo dos vivos co dos defuntos.

En Galicia, o Samaín , dende fai uns anos, foi obxecto dun proceso de recuperación e reivindicación.

Un ano máis, o noso cole celebrou o Samaín cunha fantástica exposición de cabazas cheas de maxia, humor e moita creatividade. 

As familias colaboraron decorando cabazas de todas as formas e estilos: pantasmas, monstros, astronautas, bruxas, planetas e moitas outras ideas orixinais que deixaron a todos abraiados.

O resultado foi un auténtico universo de imaxinación e cores, que encheu os corredores do Agro do Muíño dun ambiente festivo e moi especial.

Grazas a todas as familias pola vosa implicación e entusiasmo!



E , a tarde  unha gran festa coas familias, alumnado e profesorado compartindo unha xornada chea de maxia ,música, disfraces e moita diversión, coa inestimable  colaboración da ANPA  !!!








martes, 21 de octubre de 2025

 


O alumnado  de 4º e 5º de E.P participou nun obradoiro sobre plantas  invasoras en Galicia ,  organizado pola asociación AMABUL dentro do programa  Aula Ambiental Ulla+25.
Aprenderon que estas especies son un perigo para a nosa boidiversidade.




sábado, 18 de octubre de 2025

 


Os días 15 e 17 de outubro, o alumnado de 4º e 5º de E.P  visitou  a exposición
  "Castelao. Mirar por Galicia" no Museo  Centro Gaiás onde se homenaxea e destaca a figura e obra de Castelao no 75 aniversario da súa morte.
Descubriron o percorrido persoal, literario, artístico e político dunha das figuras máis destacadas da historia de Galicia. 
Toda unha experiencia inmersiva que combina intelixencia artificial, hologramas, videoproxeccións e realidade virtual para articular un relato que nos traslada unha visión innovadora da vida, aportacións e universo artístico de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.






viernes, 10 de octubre de 2025

 


O  MILLO E AS ESFOLLADAS !!!

O ALUMNADO DE 6º DE E.INFANTIL RETOMA UNHAS DAS TRADICIÓNS DE OUTONO MÁIS IMPORTANTES EN GALICIA: A COLLEITA E ESFOLLADA DO MILLO.

TROUXERON ESPIGAS DE DIFERENTES TIPOS DAS CASAS, ESFOLLARON. DEBULLARON, LEVARON OS GRAN A MOER E, COA FARIÑA FIXERON PAN DE MILLO !!!

AQUÍ PODEDES VER QUE SI PAN DE MILLO VAS MERENDAR... MOITO É O TRABALLO QUE HAI DETRÁS !!




 

viernes, 19 de septiembre de 2025


BENVID@S  AO  BLOG DO E.D.L.G DO CURSO 2025-26 !!

O PROXECTO  DESTE CURSO  LEVA  POR  TÍTULO:

"CO  GALEGO  ATA  A  LÚA "

O OBXECTIVO  PRIORITARIO  DO EQUIPO SERÁ PROMOVER E POTENCIAR O USO DO GALEGO EN TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA E, ESPECIALMENTE ENTRE O ALUMNADO  PARA GARANTIR  UNHA BOA COMPETENCIA LINGÜÍSTICA .
TRATAREMOS DE ELIMINAR  OS PREXUÍZOS CARA O GALEGO FACÉNDOLLES VER QUE A NOSA LINGUA É TAN VÁLIDA COMO CALQUERA OUTRA E DEMOSTRAR QUE NOS PODEMOS RELACIONAR CO MUNDO SEN RENUNCIAR AO GALEGO  MESMO  CHEGAR CON EL " ATA A LÚA".

 

sábado, 21 de junio de 2025


 O  xoves 19, todo o centro fixo unha camiñata á carballeira de Ortoño onde o alumnado de 5º e 6º de E.P acompañou ao alumnado de E. Infantil.

Desfrutar dunha xornada de convivencia moi festeira   con moitas actuacións : pandeiretas, muiñeiras, xotas, guitarrista, .... e ata baile do profesorado, onde a cultura e as tradicións galegas estiveron moi presentes...

Aquí deixamos unha mostra do ben que o pasamos!





jueves, 19 de junio de 2025

A SEREÍÑA ARIEL, A HEROÍNA DOS OCÉANOS"



O pasado 16 e 18 de xuño, o alumnado de 6ºde E.P representou para todo o centro e para as súas familias ( no acto de despedida de primaria que se levou a cabo na casa da Cultura de Bertamiráns)  un  musical que trata o tema da contaminación dos océanos e a necesidade de que a humanidade se una para buscar solucións a este problema para a vida mariña e submarina. Así mesmo, a heroína é unha muller. Rómpese deste xeito co estereotipo de que  a muller é a débil e debe ser salvada. A educación física, abarca a maioría dos contidos da materia con esta obra. Realízanse actividades de mimo, expresión dramática, danza con distintas coreografías, ximnasia, acrosport... 

     Parabéns aos artistas e as profes de E. Física polo seu traballo, foi un éxito !!


jueves, 12 de junio de 2025

Hoxe tivemos sesión de teatro no cole!!!
O alumnado de 3º de E.Primaria presentou " O neno perdido" e o alumnado de 6º de E.P  "O Barcarola", dúas adaptacións dos libros de Xelís de Toro e de Eduardo Rojas Rebolledo.
A estrea foi todo un éxito , parabéns para os artistas!!!

Aquí podedes ver un fragmento da posta en escea...










 

miércoles, 11 de junio de 2025

O vindeiro sábado , 14 de xuño, na Casa da Cultura do Milladoiro terá lugar, ás 12:30h a Gala de Entrega de Premios do XXII certame Literario do Concello de Ames.
Felicitamos á alumna de 6ºE.Primaria, Iria Martínez Mosquera por acadar o 1º Premio na categoría 1, moitos parabéns !!! 


                                        

sábado, 17 de mayo de 2025

 


17 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas , recordando que,  tal día como ese, en 1863, publicouse o primeiro exemplar da obra "Cantares Gallegos"  , de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do "Rexurdimento" o renacemento cultural de Galicia.

 Este ano 2025  está dedicado á poesía popular oral. Ás cantareiras personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica).

No noso centro tivemos unha semana cultura chea de actividades tal e como podedes ver neste video:



E, ademais, moitos foron os cantares sementados no Agro...

EN E. INFANTIL...



EN E. PRIMARIA!


ENTREVISTAMOS A CARMEN LIÑARES, UNHA CANTAREIRA E PANDEIRETEIRA DA NOSA ZONA !


" A LINGUA NON MORRE SE O POBO A FALA!"












jueves, 8 de mayo de 2025


"CORRELINGUA" cumple 25 anos e, un ano máis, esta actividade que desenvolven a Mesa pola Normalización Lingúística, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a CIG-Ensino  percorre Galicia para que a nosa lingua se manteña viva entre a cativada e a mocidade galega.
Hoxe 8 de maio, arredor de 1400 estudantes de 17 centros da zona de Santiago defenderon con fachenda e alegría  a lingua galega polas rúas da zona vella de Santiago.
A festa final tivo lugar no palco da música Alameda, amenizada por  Isabel Risco.


O alumnado de 1º de E.P do noso centro, participou esta mañá nesta actividade lúdico-reinvindicativa .




 

 

viernes, 2 de mayo de 2025




Os  maios son unha festa de tradición popular moi antiga en Galicia ( sobre todo en Ourense e Pontevedra). A súa orixe remóntase ás civilizacións prerromanas.
Coa exaltación da Natureza, conmemoramos a chegada definitiva da primavera e o final do cru inverno.
O alumnado de E. Infantil elaborou dous fermosos maios con xestas, fiuncho, fieitos, pampullos, estalotes, cartuchos, carrabouxos... que eles mesmos recolleron coa colaboración das familias.

Neste video podedes ver como os elaboraron e como lle cantaron !




O Día Internacional contra o acoso escolar  conmemórase o 2 de maio, este día no C.E.I.P Agro do Muíño, dedicámolo a sensibilizar sobre o acoso escolar e a promover a prevención e o  apoio ás víctimas xa que este é un grave problema que afecta a millóns de escolares en todo o mundo e que causa unhas 200 mortes cada ano...
No centro , dende o curso pasado, hai colocado  un punto laranxa que funciona como un buzón no que o alumnado, dende o absoluto anonimato, pode trasladar situacións de acoso propias ou que perciban en terceiros.



Este buzón está xestionado  polo coordinador de benestar emocional e convivencia e a especialista de AL do centro. Deste xeito, o alumnado conta cun equipo de referencia ao que dirixirse  en caso de que o precise.

Ademais deste punto laranxa nas instalacións do centro (formato físico) contamos con outro  virtual a través da nosa páxina web .

Debemos lembrar que: o acoso escolar ou "bullying", é unha forma de violencia ou maltrato que un estudiante ou grupo de estudiantes exerce sobre outro ou varios, de forma repetitiva e coa intención de causar dano físico ou psicolóxico. Este maltrato pode manifestarse de diversas formas, incluíndo agresións físicas, verbais, psicolóxicas ou sociais.


O C.E.I.P Agro do Muíño reivindica a tolerancia “cero” ante calquera conducta contraria á convivencia 


 

miércoles, 30 de abril de 2025


 Abril é  un mes especial para os amantes dos libros. Cada ano  conmemóranse dúas datas trascendentais para as letras e a cultura: o 2 de abril celébrase o "Día Internacional do libro infantil e xuvenil" en conmemoración do nacemento do escritor Hans Christian Andersen e, o 23 de abril o "Día internacional do libro" para conmemorar a morte de 3 grandes escritores: Miguel de Cervantes, Willian Shakespeare e Garcilaso de la Vega.

No C.E.I.P Agro do Muíño leváronse a cabo diversas actividades para conmemorar estas datas.



jueves, 10 de abril de 2025

A edición de 2024 dos Premios Mil Primaveras recoñeceu catro novos proxectos de normalización lingüística: Brazolinda (unha iniciativa empresarial de creación de xogos en galego), Galego para peques (un proxecto audiovisual dirixido á primeira infancia), Modo galego, actívao! (un programa integral de dinamización lingüística en diferentes ámbitos) e Vitamina G (unha iniciativa educativa co galego como factor de integración e cohesión social).

Modo galego, actívao!

Modo galego, actívao! é un proxecto de investigación-acción desenvolvido de xeito colaborativo pola Real Academia Galega e o Concello de Ames. Botou a andar en 2021 e busca dinamizar a lingua galega traballando asemade diferentes ámbitos: a educación, o lecer e as familias. É un programa exportable a outros lugares que combina a intervención e a avaliación, o que permite que poida evolucionar de acordo cos resultados obtidos. Destaca pola colaboración entre institucións e pola implicación de diferentes axentes (docentes, alumnado, monitorado e familias) nun proxecto integral para todo o concello. O xurado tamén salientou aspectos como a súa planificación coidada e rigorosa, que promove a reflexión sociolingüística interxeracional e que incide en diferentes ámbitos de vida das crianzas co fin de facilitar a socialización en galego.

O sábado ,7 de xuño, será a entrega do premio no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Parabéns ao Concello de Ames por esta iniciativa e a todos os centros educativos participantes  de Ames: EEI de Milladoiro, CEIP Agro do Muíño, Ceip A Maía,  CEIP de Barouta, CEIP de Ventín.