viernes, 10 de febrero de 2023

ROSALÍZATE- Actividade proposta polo Concello

 . #ROSALÍZATE

 É unha intervención ao aire libre e en espazos urbanos para que poida participar nela toda a veciñanza e as persoas que se acheguen ou pasen polo Concello de Ames a partir do 20 de febreiro do 2023.

Colocaranse dúas estruturas, a modo de photocall, en espazos céntricos de Bertamiráns e do Milladoiro. A idea é que calquera persoa que o desexe poida facer unha fotografía e subila as redes sociais acompañada de versos rosalianos co cancelo #rosalízate. Nesas estruturas aparecerá a imaxe de Rosalía acompañada de palabras simbólicas que definen a súa obra e o seu pensamento (lingua, alegría, xustiza, empatía, feminismo, valentía, arte, terra, identidade, compromiso...). Nas ditas estruturas colocaranse ademais tres caretas para que as persoas poidan rosalizarse tapando o seu rostro (a idea é que saia a cara de Rosalía co corpo das persoas fotografadas).

Aos centros educativos de infantil e primaria enviaranse varios modelos de caretas en pdf para que poidan imprimirse e/ou retocarse e que cada neno ou nena elabore a súa propia. O alumnado levará para a casa as caretas que se elaboren nos centros para que, posteriormente, vaia coa súa familia fotografarse no photocall. Cada familia decidirá se continúa ou non a actividade subindo ás redes as imaxes acompañadas de versos rosalianos. Os centros educativos tamén poden subir esas imaxes acompañadas de versos ás propias webs.

DÍA DE ROSALÍA


 O 23 de febreiro celebrarase o día de Rosalía. 

Desde o equipo de dinamización da lingua galega do CEIP Luís Seoane, de Oleiros, A Coruña,  partillaron connosco unhas unidades didácticas para o Día de Rosalia, o 23 de Febreiro, que foron desenvolvidas no seu centro e dirixidas a alumnos e alumnas a partir de 4º nivel de Educación Primaria .

Cada unidade didáctica está composta por un díptico en A4, para imprimir en dobre cara, unha guía de emprego e exploración para o profesorado e unhas pequenas actividades escritas, integrado todo nun documento PDF.

 As dúas primeiras destas unidades van dedicadas ás dúas obras de Rosalía: “Cantares gallegos” e “Follas novas”. Inclúense fragmentos de poemas de cada un dos libros, unha moi breve explicación do seu significado ou importancia, e ligazóns a material suplementario, como vídeos ou versións musicais dos poemas, ligazóns que son ampliadas na guía do profesorado para poder construír con facilidade unha sesión de aula con cada unidade.

 

Os materiais están á vosa disposición en http://edugaliza.org/rosalia.

miércoles, 25 de enero de 2023

DÍA DA PAZ (30 de xaneiro)

 ESTOS SON ALGÚNS TRABALLOS DO NOSO ALUMNADO COMMEMORANDO ESTE DÍA.



PREMA NA IMAXE



miércoles, 21 de diciembre de 2022

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2022

Hoxe entregáronse os agasallos das postais gañadoras neste concurso. Un premio por aula que viñeron a recoller os elexidos.

Si non queres perder nada do que alí pasou, prema na foto.

lunes, 28 de noviembre de 2022

FALADOIROS DO MUÍÑO

FALADOIRO Nº 2

 Nesta ocasión viñeron Noa e Juan, pais de Alma e Clara, de 5 anos A a facer varios experimentos: maizena alucinante, choiva e neve!!! 

                                               Foi estupendo!!  Grazas!!!

Prema na imaxe

miércoles, 23 de noviembre de 2022

25 NOVEMBRO

Do 21 ao 25 de novembro no CEIP Agro do Muíño conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Como fio condutor usamos a canción " Pícanme os ollos" da artista Guadi Galego xunto a Depedro para facer unha reflexión sobre a violencia exercida contra as mulleres, pero tamén contra os nenos e nenas. A partir do visionado de curtas (Cinema miúdo) e lectura de contos afondamos nos estereotipos que a sociedade transmite ás crianzas en base ao xénero e como isto acaba desembocando nunha desigualdade de dereitos e oportunidades que sofren as mulleres.


Como produto final, e en relación ao proxecto de centro deste curso elaborouse un podcast onde cada aula gravou a frase " Picanme os ollos" nos distintos idiomas dos países que se están a traballar. 
Deste modo reanudamos a actividade da radio lanzando unha mensaxe ao mundo: 
           "Que o teu machismo non se convirta no meu problema" ( ao fío da campaña do Concello de Ames).


Estos son algúns dos traballos realizados nas aulas. 
(Prema na imaxe)





Para completar as accións desenvolvidas nesta semana e adicada ao 25 N, o alumnado, de xeito voluntario, veu vestido de cor negra ou violeta. Fíxose un photocall no mural resultado do traballo colectivo, as fotos fixéronse coas lentes violetas para, como di a artista: " non ser cómplices do medo".
                                                       ESTE FOI O RESULTADO!!!

Prema na imaxe

viernes, 18 de noviembre de 2022

DÍA DO PIXAMA

Chegou o día do pixama!!!!

Para celebralo sumámonos á iniciativa de ACOUGO.

Polo seu dereito a medrar en familia, as súas orixes e todos os dereitos que teñen recoñecidos e que non sempre son respectados.

Ir en pixama ao cole quere representar ese momento que se vive ao ir para cama, cando se arroupan, se conta un conto e falamos de como nos foi o día. Moitos nenos non poden vivir coa súa familia, precisan familias para poder vivir estes momentos como os demais. Porque aínda que nos centros residenciais os coidan moi ben, non viven en familia.. E como sabemos, vivir en familia é un dereito!!!

Ademais, o alumnado de 3º e 4º de Primaria, tiveron unha charla cunha representante da Asociación de Acougo.          Moitas grazas por compartir a vosa labor.!!!

PREMA NA IMAXE PARA VERNOS EN PIXAMA 


miércoles, 16 de noviembre de 2022

" COMEZAN OS FALADOIROS DO MUÍÑO "

Hoxe reinauguramos de novo a actividade: " FALADOIROS NO MUÍÑO "

 FALADOIRO Nº 1 ( Prema e verás)

"APRENDENDO CIENCIA CON IRENE"

Neste mes da Ciencia en Galego, o alumnado de 6º de Ed. Infantil realizou o experimento "Carreira de cores" para explicar a capilaridade e viron varios seres vivos: un cabaliño do demo, un sapo, avelaíña do cránio, un escorpión, unha abella, a camisa dunha serpe, varios niños de paxaros e o cráneo dunha ave mariña.

                                      Moitas grazas a Irene pola súa colaboración!!!

sábado, 12 de noviembre de 2022

Magosto 2022

 Onte, o alumnado do cole disfrutou dunha xornada festeira de castañas e música. Pasámolo xenial bailando rock co concerto de " A Casa do Rock "!!!!

Grazas á ANPA pola colaboración.                                                    

miércoles, 9 de noviembre de 2022

SAMAÍN

Si queres ver os nosos traballos prema na primeira imaxe.


As nosas cabazas do Samaín



CONTO COLABORATIVO DO SAMAÍN

Si queres velo prema na imaxe