viernes, 10 de febrero de 2023

ROSALÍZATE- Actividade proposta polo Concello

 . #ROSALÍZATE

 É unha intervención ao aire libre e en espazos urbanos para que poida participar nela toda a veciñanza e as persoas que se acheguen ou pasen polo Concello de Ames a partir do 20 de febreiro do 2023.

Colocaranse dúas estruturas, a modo de photocall, en espazos céntricos de Bertamiráns e do Milladoiro. A idea é que calquera persoa que o desexe poida facer unha fotografía e subila as redes sociais acompañada de versos rosalianos co cancelo #rosalízate. Nesas estruturas aparecerá a imaxe de Rosalía acompañada de palabras simbólicas que definen a súa obra e o seu pensamento (lingua, alegría, xustiza, empatía, feminismo, valentía, arte, terra, identidade, compromiso...). Nas ditas estruturas colocaranse ademais tres caretas para que as persoas poidan rosalizarse tapando o seu rostro (a idea é que saia a cara de Rosalía co corpo das persoas fotografadas).

Aos centros educativos de infantil e primaria enviaranse varios modelos de caretas en pdf para que poidan imprimirse e/ou retocarse e que cada neno ou nena elabore a súa propia. O alumnado levará para a casa as caretas que se elaboren nos centros para que, posteriormente, vaia coa súa familia fotografarse no photocall. Cada familia decidirá se continúa ou non a actividade subindo ás redes as imaxes acompañadas de versos rosalianos. Os centros educativos tamén poden subir esas imaxes acompañadas de versos ás propias webs.

No hay comentarios:

Publicar un comentario