viernes, 10 de febrero de 2023

DÍA DE ROSALÍA


 O 23 de febreiro celebrarase o día de Rosalía. 

Desde o equipo de dinamización da lingua galega do CEIP Luís Seoane, de Oleiros, A Coruña,  partillaron connosco unhas unidades didácticas para o Día de Rosalia, o 23 de Febreiro, que foron desenvolvidas no seu centro e dirixidas a alumnos e alumnas a partir de 4º nivel de Educación Primaria .

Cada unidade didáctica está composta por un díptico en A4, para imprimir en dobre cara, unha guía de emprego e exploración para o profesorado e unhas pequenas actividades escritas, integrado todo nun documento PDF.

 As dúas primeiras destas unidades van dedicadas ás dúas obras de Rosalía: “Cantares gallegos” e “Follas novas”. Inclúense fragmentos de poemas de cada un dos libros, unha moi breve explicación do seu significado ou importancia, e ligazóns a material suplementario, como vídeos ou versións musicais dos poemas, ligazóns que son ampliadas na guía do profesorado para poder construír con facilidade unha sesión de aula con cada unidade.

 

Os materiais están á vosa disposición en http://edugaliza.org/rosalia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario