viernes, 23 de octubre de 2026


O  SAMAÍN  NO  AGRO!!

O  SAMAÍN  ten a súa orixe  nas tradicións celtas. "Samhain" significa " fin do verán" e neste sentido, os celtas celebraban o final do verán e das colleitas.

Esta celebración coincide co 31 de outubro e o 1 de novembro e ten un pasado milenario, moito máis antigo que o "Halloween".É a noite máis espeluznante do ano onde hai cabazas, vampiros, morcegos, bruxas, pantasmas, monstros... Únese o mundo dos vivos co dos defuntos.

En Galicia, o Samaín , dende fai uns anos, foi obxecto dun proceso de recuperación e reivindicación.

A semana do 27 ao 30 de outubro, as familias colaboraron para facer unha gran exposición de caveiras de Samaín.

O venres 30 de 18:00 a 20:00 teremos unha festa a que están convidades todas as familias. Podedes vir tod@s disfrazados ... pasarémolo de medo !!!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario