miércoles, 28 de octubre de 2026


O mes de novembro inaugúrase con "Iseo, a Moura", de Mumáxica S.L. Esta é unha naración oral con música orixinal, cancións con retrousos pegañentos, coreografías participativas e moita retranca. Unha actividade para achegar a mitoloxía galega á cativad dun xeito fresco, visual e cheo de maxia. Iseo, a Moura, un ser tan máxico como trapalleiro, precisará da axuda do público para lidar con xigantes, nebueiras e outras criaturas incribles.

*SERÁ O VENRES 6 DE NOVEMBRO, ÁS 18:00H NO PAZO DA PEREGRINA (Bertamiráns).

*É PRECISO INSCRIBIRSE DO 29 DE OUTUBRO AO 5 DE NOVEMBRO, ENVIANDO UN CORREO  A:  normalizacion@concellodeames.gal

cos seguintes datos:

-nome e apelidos das persoas que queren asistir,

-idade das crianzas,

-teléfono de contacto.

ANIMÁDEVOS SERÁ UNHA TARDE MÁXICA !!!


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario