O 17 de maio , celebramos o Día das letras galegas, recordando que, tal día como ese, en 1863, publicouse o primeiro exemplar da obra "Cantares gallegos", de Rosalía de castro, que marcaría o inicio do "Rexurdimento", o renacemento cultural de Galicia.
Este ano 2006 no Día das Letras galegas, a autora homenaxeada é BEGOÑA CAAMAÑO RASCADO (Vigo, 1964- Santiago de Compostela 2014).
Begoña rematou os estudios de maxisterio pero nunca exerceu. Dedicouse ao xornalismo, traballando nos servizos informativos da Radio popular de Vigo, Radio Noroeste e na Radio Galega.
Publicou dúas obras: "Circe ou de pracer do azul"(2009) e "Morgama en Esmelle" (2012).
No C.E.I.P "Agro do Muíño" do 11 ao 21 de maio homenaxearemos a esta autora que, desde a súa infancia inventou xogos ata converterse nunha das voces máis importantes da radio, do activismo e da literatura galega, loitando sempre pola xustiza, polo galego e pola igualdade.
Levaranse a cabo diversas actividades de centro tales como: elaboración do mural conmemorativo, vistas á radio escolar, acto homenaxe, actuacións musicais...


No hay comentarios:
Publicar un comentario