jueves, 23 de abril de 2026



O equipo de Educación Infantil foio encargado da elaboración do mural conmemorativo do Día do Libro, inspirado no noso proxecto Agronautas en órbita e co título de "UN UNIVERSO DE LIBROS EN ABRIL"

A través dunha fermosa composición en forma de espiral, na que non faltan o sol e o planeta Terra, o alumnado deu vida a unha creación moi especial empregando portadas e títulos de diferentes contos.

Este mural simboliza a unión entre a lectura e o noso proxecto, amosando como as historias tamén nos permiten viaxar, descubrir e medrar, igual que verdadeiros agronautas.

Un traballo cheo de creatividade, ilusión e amor polos libros que enche de cor e significado o noso centro.

Ademais , ao longo deste mes do libro, leváronse a cabo apadriñamentos lectores, teatro de títeres levado a cabo por un grupo de  animadoras á lectura de 6º de E.P., elaboración de marcapáxinas...



No hay comentarios:

Publicar un comentario