domingo, 10 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020


RICARDO CARBALLO CALERO 
 RICARDO CARBALLO CALERO

.
Como sabedes este ano adícase o Día das Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero.
Prema na imaxe e aprende. Aquí tedes moitas actividades que o Seminario Galán fixo para vos.

Fíxose un proxecto educativo sobre un conto de Ricardo basado na súa infancia " AS PITAS BAIXO A CHUVIA" que narra a historia dun cativo que tenta protexer  unhas pitas da auga. e tamén unha unidade didáctica. . Prema nas pitas  e a traballar!!! e en interactivos á Primavera das Letras.

         " CONTÁXIOME  CO GALEGO CORÓOME COMO POETA"
           .- Actividade proposta ao noso alumnado.
Como sabedes este luns comeza a SEMANA DAS LETRAS GALEGAS e dende o EDLG gostaríanos propoñer, aos aumn@s de primaria do noso centro, facer un poema  partindo do título:  “Contáxiome co GALEGO. Coróome como poeta”.
 No conto de Carvalho Calero “As pitas baixo a choiva ”, o poeta  observaba nun serán, detrás dunha fiestra, como se mollaban as pitas. Nós toda esta tempada vivimos a nosa vida a través das nosas ventás. Así que toca soltar a vosa imaxinación e recrear nun poema os vosos sentimentos, estados de ánimo, emocións deses días sen poder saír... Os poemas que creedes,  ilustrádeos e pegádeos nas vosas fiestras. Antes podedes facerlle unha foto ou escanealo e mandarllo aos vosos/as titores/ titoras.
Antes de comezar a facer o poema recomendo ler o contiño das pitas que está no blog de Normalización.

O Equipo docente de Infantil propuxo outra actividade cos seus alumnos, consistiu en  elexir unha palabra en galego e decorala. Actividade chula e sinxela para os máis pequenos. 
Si queres ver o resultado prema aquí.
Tamén se enviará o deseño da ficha  co titulo para o poema, por se alguén o quere enviar como modelo.

Aproveito para recordarvos que no blogue de Normalización están colgadas as unidades didácticas do Seminario Galán ( aí está todo o que necesitades: video biográfico, unidades didácticas por cursos e un xogo online) e da coordinadora de Ferrolterra. e outra páxina titulada A primavera das letras que tamén ten recursos de Carvalho Calero.

sábado, 9 de mayo de 2020

CANCIÓNS LETRAS GALEGAS 2020

Estas son as cancións que preparou a profesora de música cos alumnose alumnas do noso centro. Facendo click no título podedes escoitalas.

1.-" Muxía & Roll"- Oh Muxía,das vacas es á mellor.
2.- Verdescente.- Trata do fermosa que é a Nosa Terra. Empeza con "Miña terra, miña terra..." de Rosalía de Castro e continúa con "Vivimos nunha terra moi fermosa"




CANCIÓN CARBALHO CALERO E PREGUNTOIRO MUSICAL

                                                                                
           Preguntoiro -  Fai click

TELEXORNAL " CARVALHO CALERO"

                                                                                                                                                                           Desde o CPI dos Dices de Rois chéganos como en anos anteriores, o telexornal adicado á figura homenaxeada no Día das Letras Galegas. Este ano 2020, sobre RICARDO CARVALHO CALERO, documento imprescindible para achegarnos ao autor e a súa obra.                                                                                                                                                               

jueves, 23 de abril de 2020

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

23 Abril- Día Mundial do Libro!!!  As palabras nos poemas, nos contos e nas historias son alimento. Non son alimento para o corpo, son alimento para o espirito e para a alma. Que bonito é ver que as lecturas seguen formando parte das nosas rutinas, e que non hai ningún virus que poida deter unha das nosas preferidas afeccións!!!
Unha mostra do traballo dos nosos peques de infantil e dos maiores de primaria. Prema nas imaxes.
 ALUMNADO INFANTIL 

martes, 24 de marzo de 2020

MENSAXE DE ANGEL CARRACEDO

                                                                               
  Que alegría recibir unha mensaxe do noso querido Angel Carracedo!!!!Gravou unhas palabras para enviar a través das redes sociais na que nos anima a todos a facer o que nos aconsellan as autoridades sanitarias para superar a situación na que nos atopamos e da que sairemos.
 Unha aperta forte Ángel e grazas polos ánimos.
 PREMA NA IMAXE

sábado, 29 de febrero de 2020

GALA DE ROSALÏA


 Actuación

O  venres 28 de febreiro na Casa da Cultura de Bertamiráns tivo  lugar A Gala- Homenaxe a Rosalía. O Ceip Agro do Muíño contribui  cun recitado de un poema de Rosalía " Vente rapasa" por parte de Sara Constenla , " Turra,turra Xoan, pola burra" interpretada por:Nerea Brión, Brais Mirás e Eva Jiménez e unha actuación co poema " Tecín soia a miña tea" con Noa e Kiara de Blas.Sánchez.


Si queres ver a actuación dos nosos artistas prema na imaxe e despois dalle ao PLAY




24 DE FEBREIRO : DÍA DE ROSALÍA


Como todos os anos o noso centro fai diversas actividades para homenaxear a nosa Rosalía de Castro.
Este mural fíxose desde Voz Natura :
ROSALÍA TAMÉN É SOSTIBLE
Con material de refugallo quedou así de fermosa a nosa escritora.

FIESTRAS DE ROSALÏA
Os escaparates de Ames foron adornados con poemas ilustrados polo alumnado dos colexios do concello de Ames.

martes, 18 de febrero de 2020

DOCTOR HONORIS CAUSA


 DISCURSO



Este luns 17 de Febreiro foi nomeado Doctor Honoris Causa en Psicoloxía na cidade de Braga o Dr. Ángel Carracedo pola Universidade de Minho.
Foi un placer escoitar o seu discurdo donde fai referencia a nosa lingua.
Prema na imaxe  e verás a noticia e no interior  escoitarás o discurso.
 DR HONORIS CAUSA