RICARDO CARBALLO CALERO
.
Como sabedes este ano adícase o Día das Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero.
Prema na imaxe e aprende. Aquí tedes moitas actividades que o Seminario Galán fixo para vos.
Fíxose un proxecto educativo sobre un conto de Ricardo basado na súa infancia " AS PITAS BAIXO A CHUVIA" que narra a historia dun cativo que tenta protexer unhas pitas da auga. e tamén unha unidade didáctica. . Prema nas pitas e a traballar!!! e en interactivos á Primavera das Letras.
" CONTÁXIOME CO GALEGO CORÓOME COMO POETA"
.- Actividade proposta ao noso alumnado.
Como sabedes este luns comeza a SEMANA DAS LETRAS GALEGAS e dende o EDLG gostaríanos propoñer, aos aumn@s de primaria do noso centro, facer un poema partindo do título: “Contáxiome co GALEGO. Coróome como poeta”.
No conto de Carvalho Calero “As pitas baixo a choiva ”, o poeta observaba nun serán, detrás dunha fiestra, como se mollaban as pitas. Nós toda esta tempada vivimos a nosa vida a través das nosas ventás. Así que toca soltar a vosa imaxinación e recrear nun poema os vosos sentimentos, estados de ánimo, emocións deses días sen poder saír... Os poemas que creedes, ilustrádeos e pegádeos nas vosas fiestras. Antes podedes facerlle unha foto ou escanealo e mandarllo aos vosos/as titores/ titoras.
Antes de comezar a facer o poema recomendo ler o contiño das pitas que está no blog de Normalización.
O Equipo docente de Infantil propuxo outra actividade cos seus alumnos, consistiu en elexir unha palabra en galego e decorala. Actividade chula e sinxela para os máis pequenos.
Si queres ver o resultado prema aquí.
Tamén se enviará o deseño da ficha co titulo para o poema, por se alguén o quere enviar como modelo.
Aproveito para recordarvos que no blogue de Normalización están colgadas as unidades didácticas do Seminario Galán ( aí está todo o que necesitades: video biográfico, unidades didácticas por cursos e un xogo online) e da coordinadora de Ferrolterra. e outra páxina titulada A primavera das letras que tamén ten recursos de Carvalho Calero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario