miércoles, 21 de febrero de 2024

RECURSOS PARA O DÍA DE ROSALÍA

 








Prema na imaxe para atopar recursos para o Día de Rosalía. Recursos de varios centros e recompilados por Anabel no Recuncho das fadas.

sábado, 17 de febrero de 2024

DÍA DE ROSALÍA- 23 febreiro

 

Esta é a programación dende o Concello de Ames.

LUXO NO LIXO.- É unha intervención urbana ao aire libre, utilizando como soporte as papeleiras e colectores do lixo
Nos centros educativos comezamos por pegar os vinilos coa silueta de Rosalía cunha escolma dos seus versos nas papeleiras. 
O obxectivo é dobre:
- Xerar impacto sobre a figura de Rosalía de Castro.
- Poñer en valor o coidado do medio, a través da visibilización das papeleiras.

GALA HOMENAXE A ROSALÍA.-  Farase o venres 23 de febreiro na Aula de cultura de Bertamiráns.
Cada centro educativo aportará o seu graíño para que entre todos teñamos un bo espectáculo.

.





martes, 6 de febrero de 2024

ENTROIDO (8 febreiro)

 



O venres 8 de febreiro celebramos o Entroido no cole. Foi unha xornada de portas abertas e as familias poideron disfrutar e ver como os seus nen@s se divertían.

Encheuse o noso pabillón de vida animal e vexetal.

Prema na imaxe


 


miércoles, 31 de enero de 2024

DÍA DA PAZ (30 xaneiro)

 Para celebrar o día da PAZ no Ceip Agro do Muíño fixemos unha árbore dos desexos pola paz ambiental.

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

 Como todos os anos houbo o Concurso de Postais do Nadal. Pincha na imaxe para coñecer os gañadores.



miércoles, 20 de diciembre de 2023

" EXPOSICIÓN DE COGOMELOS NO AGRO "


A nosa cuidadora Beli montounos unha exposición de cogomelos e por alí pasaron todas as aulas e disfrutaron das súas explicacións.

 

lunes, 4 de diciembre de 2023

FALADOIROS DO MUÍÑO: Aprendemos da flora e Fauna de Galicia.

 Esta vez tivemos a visita de Carolina, a mamá de Miguel. Falounos do noso proxecto deste ano:

" A Flora e Fauna de Galicia". Fíxonos un divertido e didáctico xogo con tarxetas de plantas e animais.

jueves, 30 de noviembre de 2023

FALADOIROS DO MUÍÑO: Unha xornada micolóxica en Ed. Infantil

 Sonia, a tia de Xavi, veu a falarnos das partes dun cogumelo. Cales se comen e cales non, como se apañan... unha xornada micolóxica completa.

jueves, 23 de noviembre de 2023

FALADOIROS DO MUÍÑO: " Sacamos o ADN dun amorodo "

SACAMOS O ADN DUN AMORODO     ( Fai click)

Aproveitando o Mes da Ciencia, o alumnado de 2º C  recibiu a visita de Olalla ( unha mamá que sabe moitísimo de Xenética). Explicoulle moi ben, iso que é o ADN, mesmo foron quen de sacalo dun amorodo.

miércoles, 15 de noviembre de 2023

FALADOIROS NO MUÍÑO

  IRENE, A AVOA BIÓLOGA  (FAI CLICK)

 A avoa bióloga, Irene, veu a explicarlle ao alumnado de 3 anos diferentes froitos e flores e o traballo das abellas para que haxa froitos. Ademáis, xa que o volcán de Islandia está a piques de erupcionar, viron en que consistía a erupción dun volcán e tocaron pedras de lava.