sábado, 17 de febrero de 2024

DÍA DE ROSALÍA- 23 febreiro

 

Esta é a programación dende o Concello de Ames.

LUXO NO LIXO.- É unha intervención urbana ao aire libre, utilizando como soporte as papeleiras e colectores do lixo
Nos centros educativos comezamos por pegar os vinilos coa silueta de Rosalía cunha escolma dos seus versos nas papeleiras. 
O obxectivo é dobre:
- Xerar impacto sobre a figura de Rosalía de Castro.
- Poñer en valor o coidado do medio, a través da visibilización das papeleiras.

GALA HOMENAXE A ROSALÍA.-  Farase o venres 23 de febreiro na Aula de cultura de Bertamiráns.
Cada centro educativo aportará o seu graíño para que entre todos teñamos un bo espectáculo.

.





No hay comentarios:

Publicar un comentario