lunes, 9 de febrero de 2026



 

O ENTROIDO en Galicia  é unha celebración de longa tradición e, a importancia é tal que, oito dos entroidos galegos son considerados Festa de Interés Turístico.
Tal vez sexa a festa por excelencia , cunha gran participación de cativ@s e maiores.

 Por iso, no noso centro,  9 ao  13 de febreiro traballaremos o entroido: faremos os mandadiños do meco e rematamos cunha gran festa de entroido onde hai degustación de postres de e entroido (orellas filloas, rosquillas, flores...) e un gran desfile de comparsas.
Ao longo da semana houbo visitas dos xenerais do ulla, das pantallas de xinzo... e moitas sorpresas máis !







O venres 13, é unha xornada de portas abertas para que todas as familias poidan vir a ver o desfile e a desfrutar da festa. 



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario