Hoxe, día 16 de xaneiro, tivo lugar o acto de presentación da nova edición do proxecto "Modo galego, actívao! " no C.E.I.P "A Maía"
Ao acto asistiron o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; o alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística de Ames, Blas García; a concelleira de Planificación e Xestión Educativa, Carmen Porto; a técnica do Servizo de Normalización Lingüística de Ames, Rosa Moreiras; a directora do CEIP A Maía, Isabel Abelleira; o lingüísta Henrique Monteagudo e representantes dos equipos directivos e de dinamización e normalización lingüística dos centros de ensino, así como das ANPAS e do alumnado.
Con este proxecto impulsado pola Real Academia Galega e o Concello de Ames preténdese impulsar a inmersión lingüística durante 21 días é dicir, falar galego o máximo posible con todo o mundo e en todos os contextos da vida cotiá, dentro e fóra das aulas, xogando e conversando coas amizades, nas tendas, nas actividades extraescolares, etc.
ACTIVEMOS O MODO GALEGO !
No hay comentarios:
Publicar un comentario