O Día Mundial das Personas con Discapacidade, que se celebra cada 3 de decembro, ten como principal obxectivo visibilizar e apoiar a inclusión social e laboral das personas con discapacidade. Este día, que se celebra desde 1992, busca fomentar unha sociedade inclusiva e accesible, recordando que o 15% da poboación mundial vive con algún tipo de discapacidade.
Beli, a auxiliar técnico educativa do noso centro, contoulles ao alumnado de 5º de E.Infantil o conto de " Por catro esquiniñas de nada" . Un conto de apariencia moi simple e cunha gran lección...De maneira indirecta fala da integración, de respecto do diferente, de cambio de perspectiva, de como a amizade atopa solucións...
Tamén se elaborou un mural conmemorativo sobre diversidade funcional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario