O alumnado de 6º de Ed. Primaria disfrutou cun obradoiro de regueifas o 25 de outubro a cargo de Lupe Blanco e Cristian de Burela. (1ª Fase)
Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso(regueifa) para contribuir por medio dela, á promoción do uso da língua galega.
Neste camiño Enreguéifate súmase á labor que xa veñen realizando diversas entidades públicas e privadas, así como moitas persoas do ámbito cultural e do ensino.
O obxectivo principal deste proxecto é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente no ámbito escolar. Por iso, inclue accións formativas para o alumnado e o profesorado. Un certame regueifeiro é un encontro anual de regueifa.
PREMA NA IMAXE PARA VELO!!
- 2ª Fase .- Certame de regueifa en vídeo. Ver cartel.
- 3ª Fase .- Gala Final coa entrega de premios regueifeiros e cun encontro de regueifa.
Lugar: Auditorio de Santiago
No hay comentarios:
Publicar un comentario