O Concello de Ames conmemora o mes de Rosalía con distintas actividades que van desde un mural a unha campaña nas Redes con cancelo #Rosalízate. (PREMA NA IMAXE)
O programa esta organizado desde o Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración cos equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos de infantil e primaria do concello e cos departamentos de Cultura e Mocidade. #rosalizate comezou o día 15 coa colocación de dous photocall, na praza da Maía de Bertamiráns e na Travesía do Porto do Milladoiro, para que, quen o desexe, poida facer unha fotografía e subila ás redes sociais acompañada de versos rosalianos e co cancelo xa mencionado de #rosalizate. Aos centros educativos de infantil e primaria enviáronse varios modelos de máscaras en formato PDF para que poidan imprimilas e/ou retocalas. Así cada neno ou nena pode elaborar a súa propia cara de Rosalía. O alumnado pode levará para a casa a súa máscara co obxectivo de que, posteriormente, vaia coa familia fotografarse no photocall. Cada familia decidirá se continúa a actividade subindo ás redes as imaxes acompañadas de versos rosalianos ou non. Os centros educativos tamén poden subir esas imaxes acompañada de versos ás propias webs.
No hay comentarios:
Publicar un comentario