E para rematar o capítulo de NADAL, tendes este vídeo para velos.
BO NADAL!!!!
E para rematar o capítulo de NADAL, tendes este vídeo para velos.
BO NADAL!!!!
Hoxe tivemos a entrega dos agasallos dos gañadores e gañadoras do "Concurso de Postais de Nadal" na biblioteca. PREMA no amarelo e verás as fotos da entrega.
Este curso estamos dándolle unha especial importancia ao galego oral, a finalidade é que o alumnado teña unha mellor comprensión e expresión na fala.
Política lingüística acaba de presentar esta serie documental, de 5 capítulos de sete minutos de duración cada un, como proposta didáctica para o aprendizaxe do galego. Van dirixidos a nenos de 2 a 7 anos, incluso poden ser 8.
Cada capítulo está dedicado a un tema: O primeiro é A CASA
O segundo A CIDADE
A proposta para este día foi realizar dous CAMIÑOS VIOLETAS, sinalizados con flechas, partindo dunha lista de palabras positivas e negativas, relacionados co tema da VIOLENCIA DE XÉNERO.
O lema elexido foi: " NON CAMIÑEMOS POLO CAMIÑO DA VIOLENCIA"
Onte 18 de novembro o noso alumnado de 4º A tivo a sorte de contar cun " Obradoiro sobre Mulleres Científicas", da man de Fátima Rguez Piña.
Este obradoiro dounos a coñecer as expedicións que realizaron dúas mulleres científicas galegas: Isabel Zendán Gómez e Ánxeles Alvariño González. Explicou a súa biografía e realizou dous experimentos científicos nos que se abordaron os conceptos de microbioloxía e inmunoloxía.
O obxectivo deste obradoiro é dar visibilidade e recoñecemento a través dos experimentos científicos a estas dúas mulleres Científicas e Galegas en Galicia
Prema na seguinte imaxe para ver a nosa experiencia.
Neste enlace podedes atopar un montón de Recursos que vos axudarán con esas DATAS SINALADAS, que tanto nos gusta celebrar.