miércoles, 16 de noviembre de 2022

" COMEZAN OS FALADOIROS DO MUÍÑO "

Hoxe reinauguramos de novo a actividade: " FALADOIROS NO MUÍÑO "

 FALADOIRO Nº 1 ( Prema e verás)

"APRENDENDO CIENCIA CON IRENE"

Neste mes da Ciencia en Galego, o alumnado de 6º de Ed. Infantil realizou o experimento "Carreira de cores" para explicar a capilaridade e viron varios seres vivos: un cabaliño do demo, un sapo, avelaíña do cránio, un escorpión, unha abella, a camisa dunha serpe, varios niños de paxaros e o cráneo dunha ave mariña.

                                      Moitas grazas a Irene pola súa colaboración!!!

sábado, 12 de noviembre de 2022

Magosto 2022

 Onte, o alumnado do cole disfrutou dunha xornada festeira de castañas e música. Pasámolo xenial bailando rock co concerto de " A Casa do Rock "!!!!

Grazas á ANPA pola colaboración.                                                    

miércoles, 9 de noviembre de 2022

SAMAÍN

Si queres ver os nosos traballos prema na primeira imaxe.


As nosas cabazas do Samaín



CONTO COLABORATIVO DO SAMAÍN

Si queres velo prema na imaxe

miércoles, 26 de octubre de 2022

ENREGUÉIFATE!!!

 O alumnado de 6º de Ed. Primaria disfrutou cun obradoiro de regueifas o 25 de outubro a cargo de Lupe Blanco e Cristian de Burela. (1ª Fase)

Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso(regueifa) para contribuir por medio dela, á promoción do uso da língua galega.

Neste camiño Enreguéifate súmase á labor que xa veñen realizando diversas entidades públicas e privadas, así como moitas persoas do ámbito cultural e do ensino. 

O obxectivo principal deste proxecto é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente no ámbito escolar. Por iso, inclue accións formativas para o alumnado e o profesorado. Un certame regueifeiro é un encontro anual de regueifa.

PREMA NA IMAXE PARA VELO!!


- 2ª Fase .- Certame de regueifa en vídeo. Ver cartel.

 - 3ª Fase .- Gala Final coa entrega de premios regueifeiros e cun encontro de regueifa.

Lugar: Auditorio de Santiago

viernes, 14 de octubre de 2022

" A ORIXE DA NOSA LÍNGUA GUAPA"

 A Real Academia Galega pon a nosa disposición esta producción de ficción para explicarlle ao público máis novo como foi o proceso de formación do galego.

É un filme producido pola RAG a partir dunha idea orixinal de Fina Casalderrey.

Ambientación para o novo proxecto: " A PEGADA DO GALEGO NO MUNDO" " UNHA FIESTRA ABERTA AO MUNDO"

BENVIDOS AO CURSO 22-23

 

Este curso comezamos un proxecto sobre as Culturas do Mundo
 " Unha fiestra aberta ao mundo" e dende o EDLG  " A pegada do galego no mundo"

jueves, 16 de junio de 2022

TRABALLOS DO PROXECTO " PASIÑO A PASIÑO, EN GALEGO FACEMOS O CAMIÑO"

 

Aquí tedes algúns exemplos dos traballos producidos do noso proxecto. PREMA NA IMAXE

DÍA DO LIBRO 2022

Para celebrar o día do libro cada aula escolleu un destino e unha emoción relacionada cun libro do noso itinerario lector e decoraron dúas frechas coas palabras elexidas.

PREMA NA IMAXE



sábado, 7 de mayo de 2022

2022 - FESTA DAS LETRAS GALEGAS -

 Prema na imaxe

 

Prema no amarelo e verás unha serie de vídeos con moita celebración.