viernes, 30 de enero de 2026

 O Día Escolar da Paz  celébrase  cada 30 de xaneiro porque  ese día, de 1948, foi asasinado Mahatma Gandhi, líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica frente á inxusticia e que foi asasinado por defender estas ideas, por un disparo dun extremista hindú.
No centro leváronse a cabo diversas actividades promovidas dende o EDLG en colaboración co Equipo de Biblioteca:
* elaboración dun mural conmemorativo polo alumnado de 2º E.P co lema 
" Na nosa escola todas as estrelas brillan con PAZ"
* elaboración dunhas pombas da paz coa axuda dos padriños e das madriñas dos apadriñamentos lectores;
*carreira solidaria (adiada polo mal tempo) do alumnado de 6º de E.P no CEIP de Barouta: 
"Móvome pola Paz"




Nelson Mandela:" A educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo" 


 


Coincidindo co nacemento de Castelao, commemoramos o Día da Ilustración para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración. 
 Este ano o autor homenaxeado é SIRO López, caricaturista político e humorista gráfico, que destacou tamén como retratista, debuxante e pintor.
    Dende o EDLG elaborouse un mural conmemorativo sobre o homenaxeado e organizáronse diversas actividades de aula.
Aquí podedes ver o que fixemos...










 

 RETO 15: LEMA OU FRASE MOTIVADORA QUE ESTIMULE O USO DA LINGUA.

Estamos chegando ao final desta aventura e os últimos días a cousa complícase...

O reto consistirá  en pensar un lema ou unha frase motivadora que estimule o uso da lingua... tamén podedes inventar e gravar unha canción colectiva animando a activar o modo galego.

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA DA CREATIVIDADE DO ALUMNADO DO AGRO !





jueves, 29 de enero de 2026

 RETO 14: COMO ANDA O MODO GALEGO POLA CASA E ELIXIR A/O PROFE MÁIS ACTIVAD/A.

Sabemos que @s nen@s de Agro do Muíño  estades cumprindo o acordo e fostes quen de activar o galego durante tosos estes días e que seguiredes con el activado pero, a xente grande?

En iso vai consistir o reto de hoxe:

*contarnos como anda o MOdo galego pola vosa casa;

*escoller o/a profe de todo o centro que máis e mellor activa o galego.

É difícil pero, hai que mollarse !

AQUÍ PODEDES VER OS RESULTADOS...





miércoles, 28 de enero de 2026

 RETO 13: CONSEGUIR QUE MÁIS PERSOAS ACTIVEN O GALEGO.

                             

Xa levamos moitos días co galego activado  e por iso nos imos converter en axentes da lingua... para tratar de conseguir que máis persoas activen o galego. E como?

Temos varias propostas:

* escoller unha persoa coñecida e enviarlle un audio de WhatsApp animándoa a activar o galego;

*escribir unha carta colectiva a unha persoa/ entidade / empresa para pedirlle que active máis e mellor o galego;

*agasallar  unha palabra a un/ha compañeiro/a  para que a vaia espallando  por onde queira.

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VIDEO DO QUE FIXEMOS !




martes, 27 de enero de 2026

 RETO 12: SOMBREIROS BEN FERMOSOS.

Seguro que xa sabedes que cando andamos ao sol temos que protexer a cabeza cunha gorra ou cun sombreiro para que non se nos queime o pensamento.

O sombreiro tamén se utiliza cando nos queremos vestir de gala en ocasións moi especiais.

Pois o reto vai consistir en vestir de gala a nosa cabeciña para que todo o mundo saiba que temos o galego ben activado e traer un sombreiro ben fermoso .

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VIDEO PARA QUE VEXADES  COMO LUCIRON DE GALA AS NOSAS CABECIÑAS !








lunes, 26 de enero de 2026

 RETO 11: DOAMOS VOZ OU SORRISOS.

Tócanos un reto altruísta para realizar en familia. Imos intentar doar voz ou voces para o PROXECTO NÓS e, quen non queira ou non poida doar voz, vai doar un sorriso poñendo a quen llo agasalla.




viernes, 23 de enero de 2026

 RETO 10: VERSOS DE ROSALÍA.

Este reto consiste en traer aprendidos  uns versos de Rosalía de Castro, para recitar ou cantar ao ritmo que vos queirades,E se sodes máis da outra Rosalía, podedes versionar  e cantar en galego  un cachiño dunha canción súa.

AQUÍ PODEDES  VER ALGÚNS DOS VERSOS ROSALIANOS RECITADOS POR UNS/UNHAS AUTENTICOS/AS ARTISTAS !!!






jueves, 22 de enero de 2026

 RETO 9: TRABALINGUAS E FLORES.

Xa sabedes que  por moitas  voltas que dea  o  mundo, a nosa  lingua non se traba, por iso fomos quen de crear unha chea de trabalinguas ben xeitosos cos que podemos exercitar a lingua e botar unhas risas.

Este reto consiste en facer carreiras de trabalinguas inventados ou coñecidos e dicilos rápido e rindo.

e como estamos coa parroquia de LENS e aí hai un pazo cunha enorme camelia, tamén se pode traer unha flor para adornar a aula para que se note que o MODO GALEGO; ACTÏVAO énchenos o cole de flores cargadas de futuro !

Aquí vos deixamos uns videos dos nosos trabalinguas !

*ESTE É DE E. INFANTIL




* ESTE DE E. PRIMARIA



miércoles, 21 de enero de 2026

 RETO 8: TATUAXES E CHAPAS.

Este reto  vainos  converter en personas únicas. Imos inventar a nosa propia tatuaxe/chapa e debuxala nunha man ou  nun  brazo.

Ten  que ser unha tatuaxe ou chapa especial, que lle transmita ao  mundo o orgullosos e orgullosas que estamos da nosa lingua ou que animen a outras persoas a activar o  modo galego.

Aquí podedes ver a orixinalidade e creatividade do alumnado e das familias de Agro do Muíño, parabéns polo traballo !





martes, 20 de enero de 2026

 RETO 7: BUXAINAS  E BAILARETES.

Algunha  vez  xogastes con bugallos? Pois o reto consiste en  traer  feita unha buxaina ou un bailarete a partir dun bugallo ou, se non o atopades podedes utilizar unha pataca, unha boliña de plastelina... o caso é que baile !

Quen  non  teña tempo de facer a buxaina pode crear ou  pensar  outro  xogo.

Aquí  podedes ver buxainas e bailaretes de todas as formas, cores e estilos !




lunes, 19 de enero de 2026

 RETO 6: AS  NOSAS  VIAXES.

O reto  consistía  en  acordar en familia a que lugar  do mundo  vos  gustaría  viaxar e o porqué. e se vos daba tempo  investigar  que  linguas  se falan  nese lugar .

Este foi o resultado...




Enregueífate é un proxecto impulsado  polos concellos de Ames, Arzúa, carballo, Pontevedra, Santiago de Compostel e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (REGUEIFA) para contribuír, por medio dela, á promoción  do uso da lingua galega.
O obxectivo principal deste  proxecto é que  a cidadanía  entre en  contacto  coa  improvisación  oral en  verso a  través  da experiencia  de  regueifar , un  certame  regueifeiro  e  un  encontro  anual de regueifa.

O luns 19 de xaneiro, o alumnado de 6º de E.Infantil e 5º de E.primario tivo no centro un obradoiro de regueifa cos regueifeiros LUPE  BLANCO e  JOSINHO DA TEIXEIRA .

AQUÍ  VOS DEIXAMOS UNS VIDEOS DOS OBRADOIROS DE INFANTIL E PRIMARIA !
 











  






viernes, 16 de enero de 2026

 RETO  5 : CREAR  A BANDA SONORA DO REGO DA ANDORIÑA.

Din que o Rego da Andoriña está sempre falando, porque a súa auga non cala nunca: ás veces ri, ás veces canta, ás veces  borboriña... e ás veces fala cos animais que andan ao seu carón !

Así pois, o reto de hoxe consistiu en crear a banda sonora do Rego da Andoriña que interpretamos todos xuntos converténdenos na ORQUESTRA ANDORIÑA. Aquí podedes ver o resultado...





Uns  auténticos artistas !!!

jueves, 15 de enero de 2026

 RETO 4:INVENTAR UN PRONÓSTICO DO TEMPO .

O reto consiste en traer inventado un  breve pronóstico do tempo  que nos gustaría para o vindeiro  sábado. Pode ser baseado na realidade ou imaxinario.


        Nin  Diego  Viaño faría unha predición tan acertada e creativa como fixo a nosa cativada!

miércoles, 14 de enero de 2026

 


RETO 3:
AS  FROITAS E AS SÚAS PROPIEDADES.

O reto de hoxe cosiste en traer unha froita da casa e presentarlla aos compañeiros e compañeiras, pero cambiándolle o nome e inventándolle unha propiedade.


QUE  BOAS  SON AS FROITAS PARA A NOSA SAÚDE E QUE ORIXINALIDADE TEN O NOSO ALUMNADO !!!




martes, 13 de enero de 2026




 RETO 2: ÍMOSLLE AMOSAR AO MUNDO A FACHENDA QUE TEMOS DE TER UNHA LINGUA REXA COMA UN CARBALLO !!

O  reto de hoxe consistía en dúas cousas:

*traer  unha peza de roupa de cor azul;

*traer unha folla de carballo pegada ou prendida na roupa.





lunes, 12 de enero de 2026

RETO 1: ASINAMOS O COMPROMISO E NEGOCIAMOS A RECOMPENSA
O  luns 12 de xaneiro, foi o 1º día do programa. Cada aula  asinou o ACORDO DE COMPROMISO LINGÜÍSTICO e negociouse o nivel de compromiso e as recompensas.
Neste video queda unha mostra de como se fixo ...






 

jueves, 8 de enero de 2026


Xa está de volta o MODO GALEGO, ACTÍVAO! o programa de Dinamización da lingua galega que levamos a cabo en colaboración a RAG  o SNL do Concello de Ames e Centros Educativos de Ames. 
Preparádevos porque activamos o galego sempre, pero máis que nunca a partir do LUNS 12 de XANEIRO.

Familias atendede ao Abalar para colaborar con nós e axudarnos a conseguir os 15 retos que nos permitirán completar o mapa do concello de Ames, e lembrade que tendes toda a información actualizada aquí no blog do E.D.L.G.