viernes, 31 de octubre de 2025

 


O  SAMAÍN  ten a súa orixe  nas tradicións celtas. "Samhain" significa " fin do verán" e neste sentido, os celtas celebraban o final do verán e das colleitas.

Esta celebración coincide co 31 de outubro e o 1 de novembro e ten un pasado milenario, moito máis antigo que o "Halloween".É a noite máis espeluznante do ano onde hai cabazas, vampiros, morcegos, bruxas, pantasmas, monstros... Únese o mundo dos vivos co dos defuntos.

En Galicia, o Samaín , dende fai uns anos, foi obxecto dun proceso de recuperación e reivindicación.

Un ano máis, o noso cole celebrou o Samaín cunha fantástica exposición de cabazas cheas de maxia, humor e moita creatividade. 

As familias colaboraron decorando cabazas de todas as formas e estilos: pantasmas, monstros, astronautas, bruxas, planetas e moitas outras ideas orixinais que deixaron a todos abraiados.

O resultado foi un auténtico universo de imaxinación e cores, que encheu os corredores do Agro do Muíño dun ambiente festivo e moi especial.

Grazas a todas as familias pola vosa implicación e entusiasmo!



E , a tarde  unha gran festa coas familias, alumnado e profesorado compartindo unha xornada chea de maxia ,música, disfraces e moita diversión, coa inestimable  colaboración da ANPA  !!!








martes, 21 de octubre de 2025

 


O alumnado  de 4º e 5º de E.P participou nun obradoiro sobre plantas  invasoras en Galicia ,  organizado pola asociación AMABUL dentro do programa  Aula Ambiental Ulla+25.
Aprenderon que estas especies son un perigo para a nosa boidiversidade.




sábado, 18 de octubre de 2025

 


Os días 15 e 17 de outubro, o alumnado de 4º e 5º de E.P  visitou  a exposición
  "Castelao. Mirar por Galicia" no Museo  Centro Gaiás onde se homenaxea e destaca a figura e obra de Castelao no 75 aniversario da súa morte.
Descubriron o percorrido persoal, literario, artístico e político dunha das figuras máis destacadas da historia de Galicia. 
Toda unha experiencia inmersiva que combina intelixencia artificial, hologramas, videoproxeccións e realidade virtual para articular un relato que nos traslada unha visión innovadora da vida, aportacións e universo artístico de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.






viernes, 10 de octubre de 2025

 


O  MILLO E AS ESFOLLADAS !!!

O ALUMNADO DE 6º DE E.INFANTIL RETOMA UNHAS DAS TRADICIÓNS DE OUTONO MÁIS IMPORTANTES EN GALICIA: A COLLEITA E ESFOLLADA DO MILLO.

TROUXERON ESPIGAS DE DIFERENTES TIPOS DAS CASAS, ESFOLLARON. DEBULLARON, LEVARON OS GRAN A MOER E, COA FARIÑA FIXERON PAN DE MILLO !!!

AQUÍ PODEDES VER QUE SI PAN DE MILLO VAS MERENDAR... MOITO É O TRABALLO QUE HAI DETRÁS !!