viernes, 28 de febrero de 2025

 


ENTROIDO  é unha celebración de longa tradición en Galicia e, a importancia é tal que, oito dos entroidos galegos son considerados "Festa de interés turístico". Tal vez sexa a festa por excelencia cunha gran participación de ne@s e maiores por iso, no noso centro, do 24 ao 28 de febreiro , traballamos esta tradición coa finalidade de promover o coñecemento da nosa cultura popular. 

Comenzamos a semana cos mandadiños do meco...

e rematamos o venres de Entroido cunha gran festa con desfile de comparsas e baile para todas as familias.










martes, 25 de febrero de 2025

O día 23 de febreiro, celebramos o "Día de Rosalía",  nacida en Santiago de Compostela (1837-1885), e que pasou os primeiros anos de vida aquí en Ortoño, coas súas tías.
É a escritora galega máis recoñecida a nivel mundial tanto pola súa poesía como polas súas novelas.

No noso centro, o luns 24 de febreiro, fixemos un acto na súa honra !




Nas aulas traballamos a figura desta gran escritora a través de diferentes actividades ...





E ademais, pola tarde, o alumnado de 5º e 6º de E.P participou na "Gala de Rosalía" que organiza o Concello de Ames.
Nesta Gala participaron todos os centros educativos de Ames, a asociación cultural de Bugallido, Anxo Angueira, Uxía Senlle e Santi Cribeiro, Xabier Estévez,...
Foi unha Gala moi fermosa donde se homenaxeou por todo o alto a figura da nosa Rosalía de Castro.





 

viernes, 14 de febrero de 2025

 

CHEGAMOS  AO REMATE DA 3ª EDICIÓN DO "MODO GALEGO ACTÍVAO"!

Hoxe , 14 de febreiro, día do amor, rematamos  por todo o alto, cunha gran festa coas "Maianas", cantando e bailando "FALO GALEGO PORQUE QUERO" unha canción que este grupo de amesás creou para este proxecto e que xa se convertou en todo un himno de amor pola nosa lingua!!


O PROGRAMA REMATA PERO, QUEREMOS ANIMAR AO ALUMNADO E AS FAMILIAS A SEGUIR CO MODO GALEGO ACTIVADO PORQUE " O IDIOMA É A PATRIA E A ESENCIA MÁIS NOSA" (Manuel María)





lunes, 10 de febrero de 2025

 RETO 15:

Este si,é o último reto que se nos  propón.

O reto consistiu en poñer as frases motivadoras ou lemas elixidos  nuns soportes ben  chulos! E todas e todos fachendeando co noso lema ou coa nosa frase.

Aquí podedes ver esa creatividade amesá !!


SUPERPODER DA INMORTALIDADE CONSEGUIDO !!!


viernes, 7 de febrero de 2025

 RETO 14:

Estamos chegando ao final desta aventura e os últimos días a cousa complícase. 

Hoxe convertímonos en publicistas e o reto foi  pensar un lema ou unha frase motivadora que estimule o uso da lingua...


SUPERPODER DA SUPERRRESISTENCIA CONSEGUIDO !!!


jueves, 6 de febrero de 2025

 RETO 13:

Sabemos ben que as nenas e os nenos de Ames estades cumprindo o contrato e fostes quen de activar o galego durante todos estes días e que habedes seguir con el activado.

Pero... E a xente grande? Como anda o seu nivel de activación?? Hoxe todo o alumnado vaille facer un pequeno exame ás persoas adultas que ten máis próximas e o reto de hoxe  consistiu en dúas cousas:

1. Contar como anda o Modo galego pola  casa.

2. Escoller o profe ou a profe de todo o centro que máis e mellor activa o galego.

Foi difícil pero... tocou mollarse e escoller cales son os e as profes referentes do Modo Galego Actívao no noso cole.


SUPERPODER DO ULTRAMAGNETISMO CONSEGUIDO !!


martes, 4 de febrero de 2025

 RETO 12:

Xa levamos moitos días co galego activado, pero mañá ímonos converter en axentes da lingua... Entón o reto foi conseguir que máis persoas activen o galego.


O alumnado de 2º de E.P fixo unha fermosa canción para a nimar a cantar en galego!

https://youtu.be/AFF1pgSX3-k

SUPERPODER DA MEGAMULTIPLICACIÓN  CONSEGUIDO !!!


lunes, 3 de febrero de 2025

 RETO 11:

Hoxe toca facer ben visible que a xente nova de Ames está traballando arreo para activar o galego. A primeira semana foi unha peza de roupa azul, a semana pasada foron as uñas azuladas… 

 Pois o reto para hoxe foi  traer todas e todos unha pulseira azul. 


SUPERPODER  DA SUPERCREATIVIDADE CONSEGIODO !!


sábado, 1 de febrero de 2025

 RETO 10:

Como ben sabedes en Galicia conviven dúas linguas e isto é unha riqueza inmensa da que ás veces non somos moi conscientes. Está demostrado que todas as persoas galegofalantes son capaces de falar, cando menos, dúas linguas e este bilingüismo facilítalles a adquisición de máis linguas e doutros moitos coñecementos.

O reto para 10 consistiU en agasallarlle o nome dun lugar de Galicia a algún compañeir@ . 





SUPERPODER DA OMNIPRESENCIA CONSEGUIDO !!