FALADOIRO Nº 2
Nesta ocasión viñeron Noa e Juan, pais de Alma e Clara, de 5 anos A a facer varios experimentos: maizena alucinante, choiva e neve!!!
Foi estupendo!! Grazas!!!
FALADOIRO Nº 2
Nesta ocasión viñeron Noa e Juan, pais de Alma e Clara, de 5 anos A a facer varios experimentos: maizena alucinante, choiva e neve!!!
Foi estupendo!! Grazas!!!
Do 21 ao 25 de novembro no CEIP Agro do Muíño conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Como fio condutor usamos a canción " Pícanme os ollos" da artista Guadi Galego xunto a Depedro para facer unha reflexión sobre a violencia exercida contra as mulleres, pero tamén contra os nenos e nenas. A partir do visionado de curtas (Cinema miúdo) e lectura de contos afondamos nos estereotipos que a sociedade transmite ás crianzas en base ao xénero e como isto acaba desembocando nunha desigualdade de dereitos e oportunidades que sofren as mulleres.
Chegou o día do pixama!!!!
Para celebralo sumámonos á iniciativa de ACOUGO.
Polo seu dereito a medrar en familia, as súas orixes e todos os dereitos que teñen recoñecidos e que non sempre son respectados.
Ir en pixama ao cole quere representar ese momento que se vive ao ir para cama, cando se arroupan, se conta un conto e falamos de como nos foi o día. Moitos nenos non poden vivir coa súa familia, precisan familias para poder vivir estes momentos como os demais. Porque aínda que nos centros residenciais os coidan moi ben, non viven en familia.. E como sabemos, vivir en familia é un dereito!!!
Ademais, o alumnado de 3º e 4º de Primaria, tiveron unha charla cunha representante da Asociación de Acougo. Moitas grazas por compartir a vosa labor.!!!
PREMA NA IMAXE PARA VERNOS EN PIXAMA
Hoxe reinauguramos de novo a actividade: " FALADOIROS NO MUÍÑO "
FALADOIRO Nº 1 ( Prema e verás)
"APRENDENDO CIENCIA CON IRENE"
Neste mes da Ciencia en Galego, o alumnado de 6º de Ed. Infantil realizou o experimento "Carreira de cores" para explicar a capilaridade e viron varios seres vivos: un cabaliño do demo, un sapo, avelaíña do cránio, un escorpión, unha abella, a camisa dunha serpe, varios niños de paxaros e o cráneo dunha ave mariña.
Moitas grazas a Irene pola súa colaboración!!!
Onte, o alumnado do cole disfrutou dunha xornada festeira de castañas e música. Pasámolo xenial bailando rock co concerto de " A Casa do Rock "!!!!
Grazas á ANPA pola colaboración.
CONTO COLABORATIVO DO SAMAÍN
Si queres velo prema na imaxe