miércoles, 27 de noviembre de 2024

 CHEGOU O MAGOSTO !!

O magosto é unha celebración de orixe celta que forma parte da cultura galega. Nela celébrase a chegada dos froitos de outono. A pesar de que non ten unha data concreta para celebrar, sóese facer entre o 1 e o 11 de novembro e os principais elementos son as castañas e o lume.


No Agro do Muíño, celebramos o magosto o venres 8 de novembro con castañas, xogos tradicionais e moita foliada!

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO



O día 4 de novembro, conmemoramos o Día da Ciencia en Galego co obxectivo  de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida , como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.

Este ano dedícaselle á Astronomía , homenaxeando a Galileo Galilei que descubre co seu telescopio toda unha serie de satélites de planetas, detalles da Lúa, ademais de ser un físico relevante  e defensor da teoría heliocéntrica. 

No recuncho do E.D.L.G reservamos un espazo para a ciencia porque...

        "EN GALEGO TAMÉN SE  FAI  CIENCIA"



AO LONGO DO MES DE NOVEMBRO FIXEMOS DIVERSAS ACTIVIDADES...




 O NOSO SAMAÍN !!

Que o SAMAÍN é anterior ao Halloween non é ningunha broma...

Samaín provén da palabra gaélica "Samhain" , que significa " fin do verán" e ten unha explicación e orixe nas tradicións dos celtas, os cales celebraban o final do verán e das colleitas con este rito que perdurou ata os nosos días .

Esta celebración coincide co 31 de outubro e o 1 de novembro e ten un pasado milenario onde se facían ofrendas de froitos en honor aos nosos antepasados e un banquete que recordaba aos nosos mortos.

No noso centro, na semana do 28 ao 30 de outubro, celebramos o Samaín cunha exposición de caveiras elaboradas polas familias e cunha gran festa .


GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN!


lunes, 18 de noviembre de 2024

Benvid@s ao blog do E.D.L.G deste curso 2024-25 !

O proxecto deste ano leva por título "Mergúllate no galego a través da Ciencia"
O obxectivo prioritario do equipo será promover e potenciar o uso do galego en toda a comunidade educativa e en todas as actividades de centro  para garantir unha boa competencia lingüística ao noso alumnado.

 

miércoles, 5 de junio de 2024

O AGOCHO DOS TRASNOS NA CARBALLEIRA DE VENTÍN

 Durante todo o curso o alumnado do noso centro visitou O Agocho dos Trasnos, que está na Carballeira de Ventín. Para recibilos está un trasno que vixía todo o seu percorrido, no que se atopan diferentes animais da fauna autóctona, coma son a bolboreta, a curuxa, a pintega , a donicela...

Comezouse no outono coa caída das follas, e continuouse ao longo do curso segundo o permitían as condicións climatolóxicas.

Se queres descubrir o mundo máxico da Carballeira O AGOCHO DOS TRASNOS , clica na imaxe.



EXPOSICIÓN DA ACTIVIDADE ANIMAL E PLANTA DA SEMANA

O proxecto deste curso foi A FLORA E FAUNA AUTÓCTONA, por esta razón decidimos facer ao longo de todo o curso unha exposición con plantas e animais de Galicia.

Esta era itinerante porque cada semana íamos rotando no sentido das agullas do reloxo tendo en conta as catro entradas do cole. Asítodo o alumnado podía descubrir cada semana unha especie diferente, tanto de plantas coma de animais.

Cada aula buscou un animal e unha planta de Galicia e aprenderon a diferenciar a flora e fauna autóctonas das especies foráneas, sorprendéndose nalgúns casos.

Ao longo de todo o curso expuseron algunhas especies de plantas de uso tradicional coma a ruda, a menta... ou arbustos como o toxo, a xesta, as silvas... tamén árbores como o teixo, o castiñeiro, a aveleira, o carballo...

E tamén animais coma o raposo, o esquío, a bubela, o moucho, a donicela...

Clica na imaxe e dsfrutarás da exposición de Flora e Fauna do Agro.


lunes, 3 de junio de 2024

MODO GALEGO: ACTÍVAO

Na aula de 6º B, xa temos unha reflexión. Transcribo o texto por se non se lee ben.
    REFLEXIÓN
 - Creo que este reto é moi útil para aprender a coller soltura falando galego, e para que este persista no futuro.
  - Gustoume moito que persoas importantes, que falan en galego, nos animasen neste reto.
  - Aprendín moitas cousas como a toponímia de Ames, que co galego podes comunicarte con millóns  de  persoas...
  Todo isto inspiroume a facer este poema:

                                    MODO GALEGO
               Co Modo Galego Aprendín que se queres que o galego persista,
                non dubides en falalo día a día.
                Os topónimos de Ames eu Aprendín
                como o de Ortoño,Bertamiráns ou Ventín.
                Que si a Angola quero viaxar
                 o galego debo falar.

viernes, 31 de mayo de 2024

MODO GALEGO: ACTÍVAO

 A Radio Escolar do Agro do Muíño, RADIO  AGRO ONDA,  emite o seu derradeiro programa deste curso.

É un programa con distintas seccións. Si tedes un ratiño libre conectade premando a imaxe.  


                                                              


Este ano o proxecto do centro é Fauna e Flora de Galicia. O alumnado de 5º de Ed. Infantil fixemos un herbario de plantas medicinais despois de coñecer os beneficios de algunhas herbas.

Fixemos un programa de radio no cole, pois temos Radio Escolar  por se non o sabedes.

@s de 4 anos en colaboración co alumnado de 5º de Ed. Primaria gravamos para a sección: 

" REBOTICA".

Quedounos xenial!!!!!! Escoitade. ( Prema) 


MODO GALEGO: ACTÍVAO

 en 4º B fixemos un estudo da heráldica e toponimia dos nosos apelidos. E así quedou.



jueves, 30 de mayo de 2024

MODO GALEGO: ACTÍVAO

 Os nenos de 4º A cantan sobre a Flora e Fauna de Galicia.