martes, 9 de junio de 2020

TOPONIMIA NO AGRO DO MUÍÑO


ES DAQUÍ OU VES Á FESTA?
O proxecto titulado “ Es daquí ou vés á festa?” tratou da toponimia do Concello de Ames.
Íase a realizar en tres fases:
- No 1º trimestre cada familia enviou ao centro escolar unha foto impresa do seu fillo/a nun espazo significativo dese lugar poñendo por detrás os seguintes datos: nome do alumno/a, curso, lugar, parroquia e nunha folla a parte se hai algún dito, cantiga, lenda etc… referida ao mesmo.
 -No 2º trimestre investigamos a procedencia do nome e a riqueza de patrimonio dese lugar polo que se traballou dende diferentes área do currículo. Por último, íamos visitar eses lugares onde o alumnado faría de guía ao resto dos compañeiros podendo ademais ir acompañado dalgún membro da súa familia, sobre todo de avós que coñecen moi ben o entorno. Isto non se poido facer debido á suspensión das clases e o posterior confinamento.
- Nin tampouco se fixo o traballo do 3º trimestre , que era a exposición de todo o material.
 Tiñan que facer traballo de aula e de campo.
Incluimos o noso proxecto no:  PLAN  PROXECTA: 36. Proxecto didáctico Antonio Fraguas.

lunes, 1 de junio de 2020

" CONTÁXIOME DO GALEGO, COROOME COMO POETA"

Esta é unha mostra dos poetas que temos aquí no Agro do muíño.