A nosa cuidadora Beli montounos unha exposición de cogomelos e por alí pasaron todas as aulas e disfrutaron das súas explicacións.
Esta vez tivemos a visita de Carolina, a mamá de Miguel. Falounos do noso proxecto deste ano:
" A Flora e Fauna de Galicia". Fíxonos un divertido e didáctico xogo con tarxetas de plantas e animais.
Sonia, a tia de Xavi, veu a falarnos das partes dun cogumelo. Cales se comen e cales non, como se apañan... unha xornada micolóxica completa.
SACAMOS O ADN DUN AMORODO ( Fai click)
Aproveitando o Mes da Ciencia, o alumnado de 2º C recibiu a visita de Olalla ( unha mamá que sabe moitísimo de Xenética). Explicoulle moi ben, iso que é o ADN, mesmo foron quen de sacalo dun amorodo.
IRENE, A AVOA BIÓLOGA (FAI CLICK)
O 17 de maio é a Festa da Lingua Galega, unha celebración institucionalizada pola Real Academia galega(RAG) que chega a súa 60 edición rendindolle homenaxe ao traductor, novelista, historiador, xornalista, ensaista e editor:
Francisco Fernández del Riego
Prema na fotos |
Aquí vos deixamos máis adiviñas da clase de 3º C. Animádesvos a averigüar?
As familias de 3anos seguen mandando palabras bonitas en galego, e ao chegar á aula ensinan e contan a palabra que traen.
O alumnado de 1º C segue activando o Modo Galego.
Mirade canto se esforzaron @s alumn@s de 1º A, tod@s uns artistas.
As familias de 3 anos colaboran co Modo Galego e buscaron nen@s e familia unha palabra bonita, decorada. Cada neno@,di a súa palabra, e ó seu Xeito explican a palabra, esto é tan solo unha mostra.....
O noso alumnado de 6º A segue facende matemáticas en galego. Aquí van tres capítulos mais de
" Tolos polas mates"
Seguimos traballando no cole, O alumnado de 6º mirade o que fixo: " TOLOS POLAS MATES"
Xa está dando froitos este programa. Aquí tedes un vídeo do alumnado de 2º de Ed. Primaria.
Dende o noso cole participamos na VI Edición do Certame " Enreguéifate" na categoría escolar.
Este luns comezaremos este programa.
Este é un proxecto de creación audiovisual. Unha serie de dez episodios de vídeos independentes, de 4 minutos de duración. Unha serie pensada específicamente para a difusión e valorización de variedades dialectais do galego.
CALCETÍS E PAXARÍNS foi concebida como material de apoio para clases de lingua galega.
CALCETÍS e PAXARÍN 1 CALCETÍN E PAXARÍN 6
CALCETÍN E PAXARÍN 2 CALCETÍN E PAXARÍN 7
CALCETÍN E PAXARÍN 3 CALCETÍN E PAXARÍN 8
Retomamos a nosa plantación de pensamentos no noso cole, adicada a Rosalía de Castro. Participaron representantes de todas as aulas.
O alumnado de 6º de Ed. Primaria preparou a nosa cuncha.
Onte tivemos a Gala de Rosalía no centro e hoxe sábado, terémola na Aula de Cultura de Bertamiráns.
O alumnado de 6º inventou unha regueifa sobre Rosalía que cantaron Candela de 6º e Alex de 5º. O alumnado de 3º cantaron o poema musicado "Xan".
PARABÉNS A TODOS!!!
PREMA NAS IMAXES
Actuación dos profes: Sara, Nadia, Zas e Diego
O Entroido chegou ao Ceip Agro do Muíño dende todos os países do mundo. Hoxe máis que nunca somos unha fiestra aberta ao MUNDO!!!!
Este material é o seguinte:
1. Díptico personalizable con catro textos sobre o entroido, en formato PDF e tamaño A4.
2. Genially cun pasapalabra con vocabulario do entroido e dirixido ao alumnado de Ed. Primaria.
https://view.genial.ly/
Este material tamén está publicado no Portal da Língua Galega das SXPL da Xunta de Galicia.
. #ROSALÍZATE
É unha intervención ao aire libre e en espazos urbanos para que poida participar nela toda a veciñanza e as persoas que se acheguen ou pasen polo Concello de Ames a partir do 20 de febreiro do 2023.
Colocaranse dúas estruturas, a modo de photocall, en espazos céntricos de Bertamiráns e do Milladoiro. A idea é que calquera persoa que o desexe poida facer unha fotografía e subila as redes sociais acompañada de versos rosalianos co cancelo #rosalízate. Nesas estruturas aparecerá a imaxe de Rosalía acompañada de palabras simbólicas que definen a súa obra e o seu pensamento (lingua, alegría, xustiza, empatía, feminismo, valentía, arte, terra, identidade, compromiso...). Nas ditas estruturas colocaranse ademais tres caretas para que as persoas poidan rosalizarse tapando o seu rostro (a idea é que saia a cara de Rosalía co corpo das persoas fotografadas).
Aos centros educativos de infantil e primaria enviaranse varios modelos de caretas en pdf para que poidan imprimirse e/ou retocarse e que cada neno ou nena elabore a súa propia. O alumnado levará para a casa as caretas que se elaboren nos centros para que, posteriormente, vaia coa súa familia fotografarse no photocall. Cada familia decidirá se continúa ou non a actividade subindo ás redes as imaxes acompañadas de versos rosalianos. Os centros educativos tamén poden subir esas imaxes acompañadas de versos ás propias webs.
Cada unidade didáctica está composta por un díptico en A4, para imprimir en dobre cara, unha guía de emprego e exploración para o profesorado e unhas pequenas actividades escritas, integrado todo nun documento PDF.
As dúas primeiras destas unidades van dedicadas ás dúas obras de Rosalía: “Cantares gallegos” e “Follas novas”. Inclúense fragmentos de poemas de cada un dos libros, unha moi breve explicación do seu significado ou importancia, e ligazóns a material suplementario, como vídeos ou versións musicais dos poemas, ligazóns que son ampliadas na guía do profesorado para poder construír con facilidade unha sesión de aula con cada unidade.
Os materiais están á vosa disposición en http://edugaliza.org/