viernes, 5 de diciembre de 2025


Como cada ano polo Nadal, o E.D.L.G organiza o CONCURSO DE POSTAIS .
A actividade consiste na elaboración de postais con mensaxes de nadal en lingua galega tomando como eixo "Un Nadal espacial ".
 Selecciónarase  unha postal por aula a cal recibirá un agasallo ( un libro en galego relacionado coa temática do proxecto: o universo) finalmente elíxese a mellor do centro, que se utilizará para felicitar ás familias do centro e aos organismos do Concello. Nos agasallos colabora a ANPA.
Este ano, ademais, empregaremos as postais como intercambio entre padriños/ madriñas e afillad@s dos apadriñamentos lectores.

ANIMAMOS  A TODO O ALUMNADO A PARTICIPAR !


 

jueves, 4 de diciembre de 2025


O venres 12 de decembro, ás 18.00 horas, na Casa de Cultura de Bertamiráns, como vén sendo habitual durante a época do Nadal, o Apalpador visitará un ano máis Ames, acompañado de Cé Orquestra Pantasma e a Banda da Montaña. O Apalpador virá cargado de contos, canots e agasallos máxicos para as crianzas amesás, ademais de recoller as cartas dos nenos e nenas que así o desexen.

A entrada vai ser de balde, pero é necesario facer a inscrición .

O prazo para anotarse abre o xoves 4 de decembro, e remata o xoves 11 de decembro.
 

 Lembrade que tedes que enviar  un  correo a : normalizacion@concellodeames.gal  indicando:

  • nome e apelidos das persoas que ides ir;
  • idade d@s nen@s;
  • teléfono de contacto.

ANIMÁDEVOS  A PARTICIPAR NESTE ENCONTRO DE NADAL !!



miércoles, 3 de diciembre de 2025


Cada 3 de decembro conmemoramos  o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Esta data foi elixida para destacar a importancia de integrar plenamente ás persoas con discapacidade na sociedade e salientar os avances logrados a través de iniciativas e acordos internacionais que respaldan os seus dereitos e o seu benestar.

Queremos que vos fixedes no que realmente importa:
*Evita o trato discriminatorio ás Persoas con Discapacidade;
*Non son heroes nin vítimas.Non son xordos nin cegos.
*Non son inválidos, son PERSOAS.
*Trátaas de igual a igual.

Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o alumnado de 3º de Primaria realizou unha serie de carteis cheos de sensibilidade, creatividade e mensaxes positivas para visibilizar este día desde unha mirada inclusiva. A través dos seus debuxos transmitiron ideas tan importantes como o respecto, a igualdade, a amizade ou o valor da diversidade.


O alumnado de 6º de E.I fixo un percorrido polo cole para tratar de descubrir si no Agro do Muíño se promovía a inclusión das persoas con Discapacidade para tratar de ver as barreiras e limitacións coas que se enfrentan estas persoas no seu día a día e descubriron que hai cartelería adaptada por todo o centro, ascensor e rampas para eliminar as barreiras arquitectónicas... e comprometéronse a promover un trato respectuoso  e natural con estas persoas.