miércoles, 5 de junio de 2024

O AGOCHO DOS TRASNOS NA CARBALLEIRA DE VENTÍN

 Durante todo o curso o alumnado do noso centro visitou O Agocho dos Trasnos, que está na Carballeira de Ventín. Para recibilos está un trasno que vixía todo o seu percorrido, no que se atopan diferentes animais da fauna autóctona, coma son a bolboreta, a curuxa, a pintega , a donicela...

Comezouse no outono coa caída das follas, e continuouse ao longo do curso segundo o permitían as condicións climatolóxicas.

Se queres descubrir o mundo máxico da Carballeira O AGOCHO DOS TRASNOS , clica na imaxe.



EXPOSICIÓN DA ACTIVIDADE ANIMAL E PLANTA DA SEMANA

O proxecto deste curso foi A FLORA E FAUNA AUTÓCTONA, por esta razón decidimos facer ao longo de todo o curso unha exposición con plantas e animais de Galicia.

Esta era itinerante porque cada semana íamos rotando no sentido das agullas do reloxo tendo en conta as catro entradas do cole. Asítodo o alumnado podía descubrir cada semana unha especie diferente, tanto de plantas coma de animais.

Cada aula buscou un animal e unha planta de Galicia e aprenderon a diferenciar a flora e fauna autóctonas das especies foráneas, sorprendéndose nalgúns casos.

Ao longo de todo o curso expuseron algunhas especies de plantas de uso tradicional coma a ruda, a menta... ou arbustos como o toxo, a xesta, as silvas... tamén árbores como o teixo, o castiñeiro, a aveleira, o carballo...

E tamén animais coma o raposo, o esquío, a bubela, o moucho, a donicela...

Clica na imaxe e dsfrutarás da exposición de Flora e Fauna do Agro.


lunes, 3 de junio de 2024

MODO GALEGO: ACTÍVAO

Na aula de 6º B, xa temos unha reflexión. Transcribo o texto por se non se lee ben.
    REFLEXIÓN
 - Creo que este reto é moi útil para aprender a coller soltura falando galego, e para que este persista no futuro.
  - Gustoume moito que persoas importantes, que falan en galego, nos animasen neste reto.
  - Aprendín moitas cousas como a toponímia de Ames, que co galego podes comunicarte con millóns  de  persoas...
  Todo isto inspiroume a facer este poema:

                                    MODO GALEGO
               Co Modo Galego Aprendín que se queres que o galego persista,
                non dubides en falalo día a día.
                Os topónimos de Ames eu Aprendín
                como o de Ortoño,Bertamiráns ou Ventín.
                Que si a Angola quero viaxar
                 o galego debo falar.