sábado, 28 de noviembre de 2020

OS 10 CONTOS GAÑADORES DO CONCURSO " TERRITORIO VÁKNER"

Os  contos de dúas alumnas do noso centro foron  seleccionados polo xurado na primeira edición do certame literario Territorio Vákner, convocado por La Voz e Radio Voz.

LEEDE OS RELATOS DOS ALUMNOS DO AGRO DO MUIÑO  


UN MONSTRUO DO MEDIEVO NO CAMIÑO DE FISTERRA E MUXÍA

Estades a punto de introduciros nun territorio mítico e descoñecido, nun mundo de lenda e misterio, nunha época de cambios e descubrimentos para a humanidade. Un obispo, Mártir de Arzendján, un monstruo e as enigmáticas terras de Dumbría forman parte dun relato que os fará recorrer estos lugares con cuidado e precaución.



miércoles, 25 de noviembre de 2020

25 Novembro- CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO-

25 N - No Ceip Agro do Muíño abriuse

 UNHA XANELA DE IGUALDADE      

Os nosos alumnos e alumnas traballaron o tema e este é o resultado.   Prema!!!

  

lunes, 16 de noviembre de 2020

CONCURSO DE ADIVIÑAS


 ESTA QUINCENA PARTICIPAN OS NIVEIS DE 5º E 6º NO CONCURSO DE ADIVIÑAS E REMATAMOS ATA O CURSO QUE VÉN.




NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

Desde que no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, 

novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. En consonancia con isto, desde hai once anos o profesorado de Galicia comezou a celebrar en novembro o Mes da Ciencia en Galego.

 O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.





 PÓDESE FACER CIENCIA EN GALEGO?
Escoita esta entrevista de Ángel Carracedo e saberás a súa opinión.
" O galego na miña vida"



O ceo por fin ten nomes galegos: este é o dicionario das 88 constelacións


A RAG presentou o xoves na Coruña  a listaxe dos nomes en galego das 88

constelacións recoñecidas pola Unión Astronómica Internacional.

O traballo é froito da colaboración entre o Seminario de Terminoloxía, coordinado

 por Manuel González e un grupo de expertos.

PREMA NA IMAXE OU NO TITULAR SI QUERES LER MÁIS

viernes, 13 de noviembre de 2020

SAMAÍN E BASTÓNS DE PEREGRINO

SAMAÍN

Entre o 31 de outubro e o 1 de novembro celebrouse esta festividade de tradición CELTA, que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno.

A proposta para este curso foi a elaboración dun sendeiro con BASTÓNS de peregrinos coa cabaza característica destes e que quedarán durante un tempo expostos no exterior do centro.

      OS NOSOS BASTÓNS  ( PREMA e mira o noso traballo)

 

DECORACIÓN DAS PORTAS DAS AULAS


 Así quedaron decoradas as portas das aulas para ambientar o colexio coa temática do Camiño.

GUÍA DE PEREGRINOS DO CONCELLO

 Dentro das actividades organizadas sobre O Camiño de Santiago fíxose unha

 " GUÍA DE PEREGRINO DO CONCELLO DE AMES"

   (PREMA e verás o noso traballo)

Cada nivel traballou unha parte do patrimonio:


Educación Infantil:

3 ANOS.- LAVADOIROS

4 ANOS.- FONTES

5 ANOS.- PONTES

Ed. Primaria.- CRUCEIROS

  1. A.- Casa Rocamán
  2. B.- Pazo da Peregrina
  3. C.- Cantalarrana
2º Ed. Primaria.- MUIÑOS

  1. A.- Riamontes
  2. B.- Vilar
  3. C.- Ortoño
3º Ed. Primaria.- IGREXAS
  1. A.- Ermida da Mercé- Lapido
  2. B.- Capela de S. Xoanciño de Pousada
  3. C.- Igrexa de S. Xoán de Ortoño
4º Ed. Primaria.- PAZOS
  1. A.- Leboráns
  2. B.- Peregrina
  3. C.-  Lens
5º Ed. Primaria.- CASTROS
  1. A.- Castro Lupario
  2. B.- Castro de Ortoño
  3. C.- Castro Monte Castelo
6º.- Ed. Primaria.- PETROGLIFOS
  1. A.- Peneda Negra
  2. B.- Mourigade
  3. C.- Monte Castelo 2

PASIÑO A PASIÑO EN GALEGO FACEMOS O CAMIÑO

CURSO 2019-2020

 Novo curso, novo proxecto, ainda que este terá unha duración de dous cursos académicos.

 Decidimos adicar o proxecto ao CAMIÑO DE SANTIAGO, aproveitando que estamos ás portas do " XACOBEO 2021"


Faremos diferentes roteiros polos dous camiños que imos  traballar,

    1O CAMIÑO PORTUGUÉS

      2. O CAMIÑO DE FISTERRA

dado que os dous pasan polo concello de Ames. Así descubriremos a xeografía, a cultura, a gastronomía, a historia e moitas cousas máis destes camiños.