martes, 22 de febrero de 2022

PROGRAMACIÓN

Dende o noso Centro nesta semana faranse diferentes actividades, para o noso alumnado, sobre a persoa e a súa obra.

-  Luns 21: Prantación da camelia Rosalía e pensamentos (a súa flor preferida e que ela pediu antes de morrer). Cada aula plantará o seu.

 - Martes 22: Animación musical para o alumnado de Infantil.

 AMONG NÓS 

 -  Mércores 23: Visita á casa de Rosalía onde viviu os seus primeiros 5 anos, que está na Tarroeira, moi cerca do colexio (todo primaria).           ( Prema no amarelo para ver os videos)

 - Xoves 24: Xogos para o alumnado de Primaria titulada "Among nos". . 

Venres: Posta en valor do noso traxe tradicional galego, elemento moi importante na cultura galega nas súas diferentes variantes e que é necesario que o noso alumnado coñeza. 

Dita actividade irá acompañada dunha pequena unidade didáctica para explicarlle á rapazada as distintas partes, o seu uso, as teas usadas, os adornos... 

DÍA DE ROSALÍA (23 de febreiro)

O Concello de Ames conmemora o mes de Rosalía con distintas actividades que van desde un mural a unha campaña nas Redes con cancelo #Rosalízate.    (PREMA NA IMAXE)

O programa esta organizado desde o Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración cos equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos de infantil e primaria do concello e cos departamentos de Cultura e Mocidade. #rosalizate comezou o día 15 coa colocación de dous photocall, na praza da Maía de Bertamiráns e na Travesía do Porto do Milladoiro, para que, quen o desexe, poida facer unha fotografía e subila ás redes sociais acompañada de versos rosalianos e co cancelo xa mencionado de #rosalizate. Aos centros   educativos de infantil e primaria enviáronse varios modelos de máscaras en formato PDF para que poidan imprimilas e/ou retocalas. Así cada neno ou nena pode elaborar a súa propia cara de Rosalía. O alumnado pode levará para a casa a súa máscara co obxectivo de que, posteriormente, vaia coa familia fotografarse no photocall. Cada familia decidirá se continúa a actividade subindo ás redes as imaxes acompañadas de versos rosalianos ou non. Os centros educativos tamén poden subir esas imaxes acompañada de versos ás propias webs.

lunes, 21 de febrero de 2022

COLOCACIÓN DOS PRONOMES


 Prema na foto e repasarás a colocación dos pronomes.

lunes, 14 de febrero de 2022

TRAXE TRADICIONAL GALEGO



 Uns compañeiros editaron no seu blog esta marabilla de reportaxe  PREMA NA IMAXE  e verás todo o seu traballo sobre o traxe galego.


FICHA DO TRAXE GALEGO

FICHA DO TRAXE DE CIGARRÓN

O TRAXE GALEGO

O traxe galego é a vestimenta tr.adicional que o pobo galego usaba para as súas actividades ata ben entrado o século XX

 Aínda que existen diferenzas entre os traxes usados para traballar e os traxes para días de festa, os usados no interior de Galiza respecto ós da costa, as evolucións ao longo do tempo e as normais diferenzas entre as clases socioeconómicas, existen certos patróns comúns que os unifican e caracterizan 

viernes, 11 de febrero de 2022

ENTROIDO


O Entroido é unha celebración de longa tradición popular, sobre todo en Ourense. Si queres saber máis PREMA NA IMAXE.
Esta é unha infografía de Estela Otero Miguéns


martes, 1 de febrero de 2022

MURAL DA PAZ 2022



OS NOSOS TRABALLOS SOBRE A PAZ