Fai click na imaxe e verás os carteis gañadores.
GUÍA DIDÁCTICA
RECURSOS O PORTAL DA LINGUA GALEGA XUNTA
UNIDADES DIDÁCTICAS
miércoles, 13 de mayo de 2020
domingo, 10 de mayo de 2020
LETRAS GALEGAS 2020
RICARDO CARBALLO CALERO
.
Como sabedes este ano adícase o Día das Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero.
Prema na imaxe e aprende. Aquí tedes moitas actividades que o Seminario Galán fixo para vos.
Fíxose un proxecto educativo sobre un conto de Ricardo basado na súa infancia " AS PITAS BAIXO A CHUVIA" que narra a historia dun cativo que tenta protexer unhas pitas da auga. e tamén unha unidade didáctica. . Prema nas pitas e a traballar!!! e en interactivos á Primavera das Letras.
" CONTÁXIOME CO GALEGO CORÓOME COMO POETA"
.- Actividade proposta ao noso alumnado.
Como sabedes este luns comeza a SEMANA DAS LETRAS GALEGAS e dende o EDLG gostaríanos propoñer, aos aumn@s de primaria do noso centro, facer un poema partindo do título: “Contáxiome co GALEGO. Coróome como poeta”.
No conto de Carvalho Calero “As pitas baixo a choiva ”, o poeta observaba nun serán, detrás dunha fiestra, como se mollaban as pitas. Nós toda esta tempada vivimos a nosa vida a través das nosas ventás. Así que toca soltar a vosa imaxinación e recrear nun poema os vosos sentimentos, estados de ánimo, emocións deses días sen poder saír... Os poemas que creedes, ilustrádeos e pegádeos nas vosas fiestras. Antes podedes facerlle unha foto ou escanealo e mandarllo aos vosos/as titores/ titoras.
Antes de comezar a facer o poema recomendo ler o contiño das pitas que está no blog de Normalización.
O Equipo docente de Infantil propuxo outra actividade cos seus alumnos, consistiu en elexir unha palabra en galego e decorala. Actividade chula e sinxela para os máis pequenos.
Si queres ver o resultado prema aquí.
Tamén se enviará o deseño da ficha co titulo para o poema, por se alguén o quere enviar como modelo.
Aproveito para recordarvos que no blogue de Normalización están colgadas as unidades didácticas do Seminario Galán ( aí está todo o que necesitades: video biográfico, unidades didácticas por cursos e un xogo online) e da coordinadora de Ferrolterra. e outra páxina titulada A primavera das letras que tamén ten recursos de Carvalho Calero.
sábado, 9 de mayo de 2020
CANCIÓNS LETRAS GALEGAS 2020
Estas son as cancións que preparou a profesora de música cos alumnose alumnas do noso centro. Facendo click no título podedes escoitalas.
1.-" Muxía & Roll"- Oh Muxía,das vacas es á mellor.
2.- Verdescente.- Trata do fermosa que é a Nosa Terra. Empeza con "Miña terra, miña terra..." de Rosalía de Castro e continúa con "Vivimos nunha terra moi fermosa"
3.- Himno Galego
TELEXORNAL " CARVALHO CALERO"
Desde o CPI dos Dices de Rois chéganos como en anos anteriores, o telexornal adicado á figura homenaxeada no Día das Letras Galegas. Este ano 2020, sobre RICARDO CARVALHO CALERO, documento imprescindible para achegarnos ao autor e a súa obra.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)