E para rematar o capítulo de NADAL, tendes este vídeo para velos.
BO NADAL!!!!
E para rematar o capítulo de NADAL, tendes este vídeo para velos.
BO NADAL!!!!
Hoxe tivemos a entrega dos agasallos dos gañadores e gañadoras do "Concurso de Postais de Nadal" na biblioteca. PREMA no amarelo e verás as fotos da entrega.
Este curso estamos dándolle unha especial importancia ao galego oral, a finalidade é que o alumnado teña unha mellor comprensión e expresión na fala.
Política lingüística acaba de presentar esta serie documental, de 5 capítulos de sete minutos de duración cada un, como proposta didáctica para o aprendizaxe do galego. Van dirixidos a nenos de 2 a 7 anos, incluso poden ser 8.
Cada capítulo está dedicado a un tema: O primeiro é A CASA
O segundo A CIDADE
A proposta para este día foi realizar dous CAMIÑOS VIOLETAS, sinalizados con flechas, partindo dunha lista de palabras positivas e negativas, relacionados co tema da VIOLENCIA DE XÉNERO.
O lema elexido foi: " NON CAMIÑEMOS POLO CAMIÑO DA VIOLENCIA"
Onte 18 de novembro o noso alumnado de 4º A tivo a sorte de contar cun " Obradoiro sobre Mulleres Científicas", da man de Fátima Rguez Piña.
Este obradoiro dounos a coñecer as expedicións que realizaron dúas mulleres científicas galegas: Isabel Zendán Gómez e Ánxeles Alvariño González. Explicou a súa biografía e realizou dous experimentos científicos nos que se abordaron os conceptos de microbioloxía e inmunoloxía.
O obxectivo deste obradoiro é dar visibilidade e recoñecemento a través dos experimentos científicos a estas dúas mulleres Científicas e Galegas en Galicia
Prema na seguinte imaxe para ver a nosa experiencia.
Neste enlace podedes atopar un montón de Recursos que vos axudarán con esas DATAS SINALADAS, que tanto nos gusta celebrar.
Trata dun peregrino que fai o Camiño de Santiago. A técnica empregada é STOP MOTION. O decorado, os bonecos, as tomas fotográficas e os audios foron elaborados polos propios alumnos e alumnas.
" NON ME DIGAS TE QUERO"
Aquí vos deixo unha canción que vos vai a axudar a colocar ben os pronomes
O DÍA 18 DE MAIO, E DENTRO DAS ACTIVIDADES DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS, CONTAMOS COA DIVERTIDA ACTUACIÓN DE PACO NOGUEIRAS, PRESENTANDO ADEMAIS O SEU NOVO DISCO "EXTRA".
BENVIDO! E A BAILAR!
Aquí tedes un xogo interactivo " Descubrindo a Xela"
PASAPALABRA sobre a vida e obra de Xela.
A canción de XELA ARIAS de Samuel Soto Macia.
A RAG estrea unha serie documental sobre a vida e traxectoria da escritora Xela Arias.
(Prema na 1ª imaxe para ver a noticia)
" Cando as flores, na primavera tamén agroman as letras..."
- A Real Academia das Letras Galegas ven de proporcionar este enlace de recursos para aprender algo máis de XELA ÁRIAS
( Prema na imaxe)
Actividade feita este mes de febreiro para homenaxear a ROSALÍA.
- Intervención poética en espazos urbanos do concello de Ames-
O alumnado de Ed. Infantil e Primaria de todos os centros do concello encheron de versos de Rosalía as ruas de Bertamiráns e Milladoiro con estos soportes que se penduraron nas farolas. Desde o 22 de febreiro ata o 7 de marzo toda a veciñanza poderá gozar desta exposición urbana coa que se conmemora o aniversario da poeta.
Quedaron colocadas aproximadamente 130 lonas poéticas polas zonas urbanas.