miércoles, 27 de noviembre de 2024

 CHEGOU O MAGOSTO !!

O magosto é unha celebración de orixe celta que forma parte da cultura galega. Nela celébrase a chegada dos froitos de outono. A pesar de que non ten unha data concreta para celebrar, sóese facer entre o 1 e o 11 de novembro e os principais elementos son as castañas e o lume.


No Agro do Muíño, celebramos o magosto o venres 8 de novembro con castañas, xogos tradicionais e moita foliada!

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO



O día 4 de novembro, conmemoramos o Día da Ciencia en Galego co obxectivo  de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida , como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.

Este ano dedícaselle á Astronomía , homenaxeando a Galileo Galilei que descubre co seu telescopio toda unha serie de satélites de planetas, detalles da Lúa, ademais de ser un físico relevante  e defensor da teoría heliocéntrica. 

No recuncho do E.D.L.G reservamos un espazo para a ciencia porque...

        "EN GALEGO TAMÉN SE  FAI  CIENCIA"



AO LONGO DO MES DE NOVEMBRO FIXEMOS DIVERSAS ACTIVIDADES...




 O NOSO SAMAÍN !!

Que o SAMAÍN é anterior ao Halloween non é ningunha broma...

Samaín provén da palabra gaélica "Samhain" , que significa " fin do verán" e ten unha explicación e orixe nas tradicións dos celtas, os cales celebraban o final do verán e das colleitas con este rito que perdurou ata os nosos días .

Esta celebración coincide co 31 de outubro e o 1 de novembro e ten un pasado milenario onde se facían ofrendas de froitos en honor aos nosos antepasados e un banquete que recordaba aos nosos mortos.

No noso centro, na semana do 28 ao 30 de outubro, celebramos o Samaín cunha exposición de caveiras elaboradas polas familias e cunha gran festa .


GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN!


lunes, 18 de noviembre de 2024

Benvid@s ao blog do E.D.L.G deste curso 2024-25 !

O proxecto deste ano leva por título "Mergúllate no galego a través da Ciencia"
O obxectivo prioritario do equipo será promover e potenciar o uso do galego en toda a comunidade educativa e en todas as actividades de centro  para garantir unha boa competencia lingüística ao noso alumnado.