Do 21 ao 25 de novembro no CEIP Agro do Muíño conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Como fio condutor usamos a canción " Pícanme os ollos" da artista Guadi Galego xunto a Depedro para facer unha reflexión sobre a violencia exercida contra as mulleres, pero tamén contra os nenos e nenas. A partir do visionado de curtas (Cinema miúdo) e lectura de contos afondamos nos estereotipos que a sociedade transmite ás crianzas en base ao xénero e como isto acaba desembocando nunha desigualdade de dereitos e oportunidades que sofren as mulleres.
Como produto final, e en relación ao proxecto de centro deste curso elaborouse un podcast onde cada aula gravou a frase " Picanme os ollos" nos distintos idiomas dos países que se están a traballar.
Deste modo reanudamos a actividade da radio lanzando unha mensaxe ao mundo:
"Que o teu machismo non se convirta no meu problema" ( ao fío da campaña do Concello de Ames).
(Prema na imaxe)
Para completar as accións desenvolvidas nesta semana e adicada ao 25 N, o alumnado, de xeito voluntario, veu vestido de cor negra ou violeta. Fíxose un photocall no mural resultado do traballo colectivo, as fotos fixéronse coas lentes violetas para, como di a artista: " non ser cómplices do medo".
ESTE FOI O RESULTADO!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario