miércoles, 28 de octubre de 2026


RUTAS DE SENDEIRISMO!!
O alumnado de 3º, 4º e 5º de E.P realizou varias rutas de sendeirismo para coñecer a contorna máis próxima e descubrir algunhas das lendas que agochan este máxicos lugares.

*3º de E.P: o día 8 de outubro tiveron unha andaina  de 7 km ata o castro Lupario , pasando polo Xardín do Recordo e polo Pazo do Faramello.
Descubriron a lenda da raíña Lupa !!


*4º de E.P: o día 15 de otubro levaron a cabo unha andaina de 9 km chegando ao parque  do santo Arandel onde coñeceron a lenda de como se produciu a romaría do santo Arandel  que está moi relacionada coa lenda do Castro Lupario...

  


*5º de E.P: o 28 de outubro fixeron unha andaina de 10Km ,dende a ponte romana de Pontevea (Teo) ata o Xirimbao.
Descubriron a lenda de Pepa a loba  e a da ponte do Xirimbao!!!

  

Moitas  grazas á profe de E.Física , Alicia, por levarnos a todas estas experiencias !!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario